Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carta dumha estudante
Sr. Conselleiro de Educación

Son unha alumna de 1º de Bacharelato do IEs Escolas Proval que quere manifestar o seu dereito a expresarse e a dicirlle algunas cousas:

1.- Que lle escribo no meu nome, sen estar influenciada nin polos meus profresores, nin amigos, nin familiares.

2.- Que aínda que escribo en galego, a miña vida normal desenvólvese en castelán, a lingua na que me educaron, aínda que meus pais entre eles ás veces falan en castelán e ás veces en galego.

3.- Que todo isto das enquisas paréceme un disparate sen ningún sentido. Ao único que nos vai levar é a un enfrontamento orixinado pola obriga a ter que posicionarnos nunha das dúas opcións, é como se a un neno o obrigasen a elixir entre a súa nai e o seu pai e respondese que os quere por igual. O mesmo pasa coas linguas de Galicia, se somos bilingües, as dúas teñen que ter as mesmas oportunidades e falarse nos mesmos sitios.

4.- Ademais quero dicirlle que na escola é hoxe en día case o único lugar, polo menos eu así o vexo, onde moitos rapaces, a gran maioría, teñen contacto co galego. Se vostede vai ao Centro Comercial da Ramallosa, ao cine, á discoteca… case toda a vida social dos adolescentes se desenvolve practicamente en castelán. Estamos en Nigrán, como podíamos estar en Ciudad Real ou en Cáceres, soamente na escola sabemos que estamos nun instituto de Galicia, onde nos sentimos galegos, onde podemos falar sen prexuízos, onde non parece que falemos nunha lingua infravalorada, e créame señor Conselleiro, iso soamente se consegue, como dicía castelao, por obra e gracia do idioma.

Miriam Veiro
1º Bacharelato Humanidades. IES ESCOLAS PROVAL
NIGRÁN

...


Saúdos á gente das Escolas Proval!

Comentários (6) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 23-06-2009 21:30
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentário(s)
1 Aparte das verdades que di gustoume especialmente a comp#blgtk08#aración coa escolla entre o pai e a nai.
Mui bó.
Comentário por paideleo (23-06-2009 23:41)
2 Paréceme fermosísimo o que di esta moza. Neste caso non vale o dito aquel de "vas ensinarlle a un pai a facer fillos?", p#blgtk08#orque os fillos, esta rapaza, si que lle ensinan, e moito, aos pais (o Conselleiro de Educación e o Presidente da Xunta).
Comentário por Eva G. Rei (24-06-2009 12:26)
3 eu estou a perceber, aínda que de forma mui intuitiva, que o tema está a criar um certo movimentinho de solidariedade com o galego por parte dumha parte da mocidade.

som dos que pensam que, apesar de todo, umha causa de justiça social como é o pr#blgtk08#ocesso de normalizaçom da língua sempre vai ter na mocidade um coraçom inzado de energia, sempre que deamos articulado um proceso de comunicaçom, implicaçom social que facilite a sua participaçom.







Comentário por madeingaliza (24-06-2009 15:57)
4 muitas vezes @s "maiores" nom nos damos conta de que a gente nova sab#blgtk08#e pensar.

e que formam parte do problema e da soluçom.
Comentário por madiengaliza (24-06-2009 15:58)
5 isso si, nom esquezamos tendéncias que preocupam altamente:

fala Calidonia em El voto com botas:


Non sei como enfocar a miña resposta sen parecer derrotista.

Levo varios días analizando todos os marxinais e datos cruzados por variábeis#blgtk08# sociodemográficas, clase social e orientación política, e se algo se desprende do comportamento e das opinións dos xoves de 18 a 24 anos é o seu xiro á dereita e o seu achegamento ao PP, nomeadamente nas cidades.

http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=3483#comments
Comentário por madeingaliza (24-06-2009 20:51)
6 Lamentavelmente isso é justo o que está a passar. Muitas pessoas acham o mesmo,que os gajos de 18 a 24 tornam-se adeptos da direita. No entanto, os seus fundamentos som sempre ilóg#blgtk08#icos, abrolhados da ira e o medo, enquanto os nossos acham fundas raízes na verdade e no amor, no amor à nossa Terra e ao nosso legado cultural, no amor à verdade.

Comentário por Tojo (26-06-2009 12:28)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal