Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Florencio Delgado Gurriarán, um poema


Preguntade a calquer neniño pera
dos que a feixes se atopan pol-as vilas,
qué opinión é a que ten da nosa fala,
e diravos axiña:
"Yo te soy más gallego que cualquiera,
mas, ¡caray! ¿voy hablar cual los paisanos?
¡no en mis días!, yo te soy hombre fino,
no te soy ordinario".

Falade con calquera señorote
(barba, facheda, calva cintilante)
orgulo do casi do seu pobo,
a asín expricaráse:
"El dulce dialecto de Galicia
está bien para hacer bonitos versos,
mas querer emplearlo a todo pasto
es utópico y necio"

Falade con calquera rapariga
(linda cara, feituca testa oca)
encol do emprego da galega fala
e ha dicir a fermosa:
"La Casa de la Troya"... te me gusta,
tan solo por sus frases en gallego,
encantiño, vidiña, tierra meiga.
¡Es tan dulce y tan bello!"

Seguide preguntando inda a mais xente,
"horteriñas", barbeiros prefumados,
"cubanitos" côs seus dentiños douro,
todos eles diranvos:
"Mismo, mismo, no puedo afegurarme
q´haiga quien el gallego inda usar quiera.
¿Hablar como el labrego ¡Dios me libre!
¡Es un habla tan feia!"
"Además, en Madrí y en la Curuña,
Habana y Buenos Aires, non se emplea
mais habla quel hermoso castellano,
nunca el habla gallega"
"¿Y si acaso las gentes se decatan
por tu hablar que naciste nesta terra?
te caístes y nadie te alevanta,
todo dios te chotea.
.................................
¿A que seguir? Como estas opiniós
moitas mais acharedes de seguro,
pois, pol-a mala fada, inda hai a feixes
imbéciles e escuros.

Korgomófilo


El Heraldo de Galicia, Ourense, nº 30, 25 de maio de 1931.


...

Um poema de Florencio Delgado Gurriarán -com o pseudónimo Korgomófilo- recolhido do ensaio de Ricardo Gurriarán Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Ediciós do Castro, 1999, Sada.

...

Que se Uxio Novoneyra, que se Carvalho Calero, que se Lois Pereiro para o Dia das Letras do 2010..., pois nós tamém queremos recordar um poeta de especial interesse desde a perspectiva social da língua e o conflito lingüístico.

Um achegamento á poesia de tema sociolingüístico de Florencio Delgado Gurriarán, aqui!
Comentários (0) - Categoria: Desenhos - Publicado o 21-06-2009 13:51
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal