Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Em Croácia, em galego (3)



Ivica Jandric naceu em Bósnia e estuda na Universidade de Zadar, em Dalmácia, Croácia, onde começou a falar a nossa língua.

Nos III Dias das Línguas e Culturas Íbero-románicas, em maio de 2009 em Zadar, Ivica falou-nos sobre a sua experiéncia como neo-falante, sobre as similitudes entre a história de Galiza e a do seu povo e sobre as dificultades para que alguns galeg@s lhe falassem em galego quando visitou o nosso país.

Ademais, inspirado na experiéncia alófona de Federico García Lorca e os Seis Poemas Galegos, Ivica escribiu os Seis poemas ghaleghos dos Balkáns.

Ivica Jandric, um galego naturalizado dos Balkáns.


Seis poemas ghaleghos dos Balkáns


FÁLOCHE DA MIÑA PATRIA...

Ai, a miña patria está lonxe de ti.
Como se chama? Non o sei.
Ela ten moitos nomes. Ela non ten nome.
Todos a queren, mais ninghuén a quere.
Non ten fronteiras, aínda que está dividida, dividida.
E bandeira? Pois, non nos ghusta ninghunha.
Na miña patria, as cores son inimighos.
Quen somos nós? Os meus compatriotas e mais eu?
Non o sabemos. É difícil decidir.
Os esquimós teñen as súas 50 palabras prá neve.
Nós, nós temos tantos diferentes posesivos.
Cada similaridade entre un e outro é pura casualidade.
Nós somos moi diferentes deles.
Eles son moi diferentes de nós.
Idioma? Uf! Non os podo comprender. Nada de nada.
A súa fala é estrañísima.
Interésache o himno? O noso himno son ghritos. Aaaa!
O noso himno é silencio. Chist! ...
Mais, hai algho na miña patria moi valoroso.
Hai xente.
A xente que non son nin nosos, nin deles.
Só xente.
A xente á que lle ghústan as cores.
A xente á que lle ghústa cantar.
A xente que fala o idioma da xente.
A miña xente.


...


FALA!
(Himno a unha amizade)

Fala!

Coñecinte por casualidade, por destino, non importa,
E dende que oín a túa voz, abriu a miña porta,
A porta ó meu mundo, ó meu corazón, á miña vida,
E un amor, unha amizade eterna foi nacida.

Fala!

Viñeches, viches, conquistáchesme rapidamente,
Nun momentiño trouxéchesme a aperta da túa xente.
Pedíchesme axuda e ofrecíchesme a amizade,
Aghora seino, é destino, non unha casualidade.

Fala!

Quero escoitarte, ghústame o aire que sae da túa boca,
A miña alma necesítao, a túa voz aínda me toca.
Por isto digho, non permitas que se olvide. Fala!
As túas palabras son douradas, a túa voz, hai que coidala!

Fala!

Abríchesme toda a túa vida e invitáchesme a ela,
E dixeches coa voz doce, ven, escoita, tes que vela,
E quero aghradecerche, aínda que a miña boca cala,
Mais a miña alma fala, fala, fala, e só repite un ghrande...

FALA!



* Fala: (a) imp. de “falar”; (b) croata non-estandard (de “hvala” = grazas)



...


A MELODÍA GHALEGHA

Escoitaba unha melodía...
Viña co vento de occidente...
A voz, de Ghalicia, aquel olor...
...pola noite e polo día...
...trouxo as ghaitas no meu oriente...
...a música, tan chea de dor...
...aínda que non a entendía...
...saía entre un e outro do meu dente...
...Chove en Santiagho, meu doce amor...
...cantábaa, a divina Uxía...
...a canción ghalegha e da súa xente...
...coma Luar, neste mundo neghro, trae a cor.


...


STRANJANI (Stráñani)

A aldea onde eu nacín
Chámase o paraíso.
Hai moito tempo dende que a vin,
Mais non vou falar diso.

Os meus ollos viron moitos lughares.
Prá miña alma, cada sitio é frío.
Eu nadei en varios mares,
A miña alma só no noso río.

Non é triste, aínda que dei bághoas moitas.
Eu vin, eu sentín, eu fun ó ceo.
Aghora sei pra que serven as miñas loitas.
Por aqueles momentiños, o meu corazón está cheo.

Aghora disfruto nesta viaxe, nesta vida fermosa, divina e curta,
Porque sei, cada viaxe ten a súa fin.
Na fin, a miña alma volverá ó paraíso, non estará morta.
Por isto, a miña alma e o meu corazón rin.


...


CERO

Unidos estaremos alghún día
Dous coma un só
Tres culleriñas do azucre no teu café
Cá troba será cada frase túa
Cinco vidas non serán suficientes
Sei, sábelo ti tamén
Se teño o teu amor, téñoo todo
Oitocentos anos contigho pasarían coma un seghundo
Novembro da nosa vida, cando veña
Dez veces che direi “Quérote!
A eternidade espéranos...”


...


Á MIÑA BALKÁNICA

Neghrita miña! Quérote tanto...
Sentirte pola mañá.
Ir durmir contigho cada noite.
Ai, tráesme paz, tranquilidade.

Oriental miña! Xamais me deixes...
O teu cheiro vólveme as miñas felicidades pasadas.
Os teus bicos cálidos lévanme á éxtase.
Síntote en cada parte do meu corpo.

Turca miña! Quédate no meu mundo...
Estiveches comigho dende que son.
Disme o meu futuro, aínda que non che creo.
Amor meu, compaña de vida... meu café!
Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 20-05-2009 15:17
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentário(s)
1 Hola Sechu. Soy Basilio.
Muy buenos los vídeos de los croatas#blgtk08#, bosnios y galeses galego-falantes.
Un saludo desde Murcia.
Comentário por Basilio (20-05-2009 20:15)
2 epa!

abraços#blgtk08#, Basílio!

Comentário por madeingaliza (20-05-2009 21:40)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal