Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O mundo ao revés
O xornal que merca meu pai todos os días dicía hoxe que un señor maior foi agredido por un mozo radical nunha manifestación. Había unha foto do señor cun ollo hinchado e as súas declaracións. Algo así como Colleume polo abrigo e caímos ao chan e deume un puntapé no ollo. Eu non pelexei, son un avó de sesenta anos.

Papá, cantos lectores ten este periódico cada día?, preguntei. Pois penso que uns 100.000.

Eu teño 16 anos e son unha tipa curiosa. Papá sempre di que por iso os ollos non me deixan de medrar desde que nacín. Podería dicir Son unha rapaza normal, se non fora porque cada día que pasa estou máis convencida de que ninguén é normal neste mundo. Prendín o PC, busquei un pouco e, vualá, alí estaba, un vídeo da manifestación gravado por un cámara dun xornal dixital que non coñecía. O vídeo tiña 325 visitas. 326.

Play! Comecei a ollar as imaxes e ao pouco recoñecín o señor maior, co seu abrigo. Podedes imaxinar a situación. Dun lado, un grupo de xente nunha manifestación, música do Himno da Alegría, e o señor maior, de verde, nervioso. Do outro lado, outro grupo de xente, mais nova. Son momentos de tensión. No medio, un cordón de policía antidisturbios, separándoos.

O señor maior berra Hijo de puta! Un rapaz novo bérralle Fascista!, provocador!, e outro mozo dille a un policía Ao señor non o identificades? É un provocador…

Daquela vese ben como a cámara segue o señor maior que, rapidamente, se cola entre a policía e se bota enriba dun rapaz, coas mans por diante. Acaban os dous polo chan. Os antidisturbios comezan a cargar, con violencia, a porrazo limpo, sobre os rapaces e rapazas novas. Doulle ao Pause coa boca aberta.

Ups, pensei, pois o xornal ten 100.000 lectores e o vídeo, 325 visitas. No xornal o señor maior aparece como unha vítima e nas imaxes como o agresor. Puff. E digo eu, penso, vai ser difícil convencer a esas 100.000 persoas de que o xornal non di precisamente a verdade. Aínda que supoño que hai que intentalo…

Papá, viches esta noticia? Ahá. Pois non di precisamente a verdade… E ti de onde sacas esas ideas? Mírao ti mesmo, vese aquí, neste vídeo. Ahá, ben, xa o mirarei despois, agora voume traballar. Por certo, nena, ollo, estas cousas son moi serias, ten coidado, que non te manipulen, que a vida é máis complicada do que parece.

E isto foi o que aprendín hoxe sobre a verdade, a mentira, o conflito interxeracional e unhas 100.000 persoas que viven cun pé no mundo ao revés.

Por certo, agora quedei intrigada, mañá teño que ver cal era o motivo da manifestación. Como era iso da árbore e o bosque?


Comentários (3) - Categoria: Geral - Publicado o 12-03-2009 19:14
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentário(s)
1 A mim pasou-me algo parecido,só que eu lim num jornal o mesmo ca ti e noutro que o senhor fora ferido polos antidisturbios, pero para estar máis ou m#blgtk08#enos informada nom tenho máis remedio que ler varios jornais. O problema que hai moita xente que só le o dos 100.000 lectores.Grazas por abrir olhos.
Comentário por (14-04-2009 15:40)
2 Whether it is climbing natural #blgtk08#conditions harsh Himalayan peak
Comentário por North Face Jacket (09-11-2012 01:23)
3 Chanel bags 2013 spring and summer new Chanel bag counter genuine Chanel Chanel 2013 spring and summer new design concept#blgtk08# of the new pictures of bags, shoes, jewelry, Chanel bags 2013 spring and summer: , elegant, simple, beautifully Series
Comentário por Nike Air Max (03-12-2012 08:07)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal