Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Erea Portas


(...)

Saben que pode existir un mundo, e non é lenda, onde a chuvia caia cara arriba e cara
abaixo e a lingua non se teña que esconder debaixo do asfalto das estradas. Saben que quen as busque as vai atopar agardando alí. Pero a súa voz é fráxil e acostuma a perderse co ruído das cidades e daqueles que falan elevándose e rompendo o xeso dos tellados. Invisibles, antes de volveren ás súas casas, fúndense na herba mentres a leña dos seus xeonllos se molla e se envolve de liques. E ás veces choran. E as vacas lámbenlles as bágoas afrouxando as vértebras.


(...)

De súpeto, sentín como botaban terra sobre nós e o meu reflexo meteume no mar que inunda os seus ollos. Os fíos que nos sostiñan resgaban e a forza que teceran as anguías, a que unía o seu
pensamento ao meu pescozo, afogaba polo peso.

Sabía que podiamos desaparecer ou quedar alí atrapados en calquera momento, incluso antes da destrución das ás e dos xinetes das troitas, pero nós fomos fortes, encollemos os ombreiros acollendo o desafío e seguimos plantando castiñeiros a dereito e ao revés.

Cando volvemos, nas cadeiras azuis do vagón, o meu sorriso era de satisfacción.Hai xente que prefire enterrar as súas raíces e medrar derriba de nada.

Hai xente que baleira a súa lingua ou a abandona nunha gasolineira. Hoxe no supermercado atopeime cun rapaz que tiña unha mochila chea de ourizos, e contoume que cada vez son máis as enfermeiras que entenden por que son tantos os que van alí a que lles saquen as espiñas que levan incrustadas na pel.

Entón sorriume e puiden escoitar a melodía que soaba dentro del.


...

infoxove, fevereiro, 2009
Comentários (1) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 09-03-2009 21:45
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentário(s)
1
516 more lively four-finger #blgtk08#style connection people have to love.
Comentário por Nike Air Max (03-12-2012 08:06)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal