Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manual da destrución



Sociolingüística


pero é que ninguén di GRAZAS
GRAZAS por non dicilo talvez
GRAZAS e AO e IMPOSÍBEL
sereas e tres horas de noite
benvidos ao paraíso
pero es que los gramáticos
son los de la mesa
los del bloque
bloqueiros
inciso
a xente que di
son los del bloque
teñen as fincas rodeadas de
bloque

feísmo remata en ismo
como catolicismo
pode que sexan os mesmos
y yo-no-sé
pero nos lo imponen
y a los niños no les justa aprenderlodetalxeito-de-tal-modo dóeme
o peito
cancro
lingüístico
y me encanta galicia YO TAMBIÉN SOY GALLEGA
quei me encanta o teu catro por catro
rapaces en uniforme
pelo louro tinguido
apelidos com-postos
com-postos na xunta
opus dei
dei
deirlle a misa de cando en cando


"nunca fue la nuestra lengua de imposición
sino de encuentro
a nadie se le obligó nunca a hablar en castellano"
juancarlosprimerodehispanialavieja

y
joderNENO
yoTAMBIÉNgalizaCEIBE
peroESqueMISPADRESPAPÁSPROXENITORES
meENSEÑARONaHABLARenESPAÑOL
e tamén a fumar porros
e a lamberlle a coniña á mosa
os pais non ensinan todo
os países tampouco

na galiza
en galego
na rabiza
en rabego
bilingüismo sesentaenove
e non fales de amor á patria
cando queres dicir
SEXO


Samuel L. París

...

O livro em PDF, aqui

Mais info, acolá

...

Sentimos nom poder respeitar -por raçons técnicas- a disposiçom gráfica original do texto.
Comentários (2) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 14-01-2009 15:19
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentário(s)
1 Je suis absolument ravi de #blgtk08#vous lire un tel blog bien.
Comentário por Cheap Ralph Lauren (25-01-2013 10:12)
2 mirem, chamo em nome dumha associaçom da Serra do C@urel, na montanha de Lugo, acabam de reduci#blgtk08#r o serviço médico e agora se alguém enferma á tarde ou de noite aqui nom temos médico.
Comentário por http://www.vansfranceofficiel.fr (14-06-2016 03:09)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal