Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O bilingüismo segundo Florencio Delgado Gurriarán



Cantarenas do castrapo

(Panxoliñas leigas)


Verdade de "Perogrullo"
que compre non esquencer
Galiza é soio Galiza
inda que o non queira ser.

"A Jota", o mesmo que os cactos,
medra bem na terra enxoita,
mais, coa humedén, na Galiza
apodrecerán "as jotas".

¿Bilingüismo? Seique as cobras
teñen a lingua fendida:
Bilingüismo é o que nos compre?
¿E "reptiliña Galiza?

A Galiza "acastrapada"
é coma un cadro do "Bosco"
cheo de monstros e trasnos
ou coma casa de tolos.

"Caille" o castrapo a Galiza
como á "Pietá" o matelazo,
á toca "Venus do Milo"
uns ortopédicos brazos.

A "Samotracia" un chapeo,
permanente á "Nefertiti",
uns bigodes á "Xioconda",
á "Calípiga" un bikini.

Un gabán ao San Martiño,
a "mini" á Santa Tereixa,
un tanque ao Siñor Sant Iago,
a Cristo unha metralleta.

O esquecermos o galego
para falar en castrapo,
é coma o choio da toupa
que os ollos deu por un rabo.

Ou como a moza que tendo
a cariña churrusqueira,
fai a cirurxía plástica
para a pór feia e ruguenta.

Mais conde, do mal falar,
o noxentísimo andacio:
a máis do castrapo, temos
o frantrapo, o xermántrapo
e, por Londón e Niuiorque,
o anglotrapo ou ianquitrapo.

¡Santa María milagreira
que, dos ouvidos, tes garda:
enxorda as nosas orellas
pra non ouvir esas falas!

Porén, dixo "Perogrullo"
e compre o non esquencer:
¡Galiza é sempre Galiza
inda que o non queira ser!


Guadalaxara, Nova Galicia, Nadal do 1972,

Em O Soño do guieiro
, Ediciós do Castro, 1986.

...

Mais sobre FDG e a sua poesia de tema sociolingüistico aqui
Comentários (3) - Categoria: Geral - Publicado o 17-12-2008 20:10
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentário(s)
1 Nike's management is not strict, but you must br#blgtk08#eak the strong belief Adidas whole team together.
Comentário por Nike Free Run (28-11-2012 10:05)
2 J'aime vraiment cet article, car il me#blgtk08# donne toujours un peu d'inspiration.
Comentário por Nike Air Jordan (25-05-2013 04:56)
3 Thanks for the fan#blgtk08#tastic post here.
Comentário por Mulberry Replica handbags (27-06-2013 06:10)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal