Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O meu plan de acción



Um complemento do Contrato de fidelidade á lingua

Para profes de língua, por se lhes interessa reflexionar sobre a proposta, dirigido a contextos castelám-falantes.



O MEU PLAN DE ACCIÓN

Sucede ás veces que nos propomos fins e ao final quedamos sen conseguilos, porque non nos comprometemoos o suficiente. Un señor que se chama Klaus Vopel di que a razón diso é que moitas veces, aínda que ?interiormente? estamos influídos por algunhas dificultades reais, non queremos recoñecer a súa importancia. E xa que non programamos ningún medio que poida axudarnos, imos a un seguro fracaso.

Por exemplo, non me vai ben en inglés, penso «É moi difícil», «Non estudo o suficiente»... E que fas para enfrontarte a eses problemas?

O que che propoño é adecuado para o comezo dunha programación, de calquera programación. Mediante isto saberás se verdadeiramente queres ou non conseguir o teu obxectivo, e descubrirás en que medida tes intención de comprometerte para conseguilo, cales son os retos que debes afrontar e que probabilidades de éxito tes.

Imos falar sobre o Contrato de Fidelidade ao Galego. Mais este método pode servirche para outros proxectos da túa vida, relacionados coa escola, a amizade, a familia, etc.

Antes de seguir, lembra unha cousa: na túa evolución co uso da língua todo paso adiante ?por moi pequeno que che pareza- será positivo. Falar un pouco máis galego, dar o paso de coller apuntamentos, preguntarlle en galego a un profe que fala castelán ou escribir un traballo na nosa lingua son pasos adiante.

Quen mellor sabe cales son as túas forzas es ti, con que te conformas ou até onde queres chegar. Por iso é importante que ensaies, experimentes e vaias superando as probas que ti mesmo/a te vaias poñendo. Se, por exemplo, ti es galego-falante o teu reto estará fundamentalmente nos usos escritos ou na mellora do rexistro formal. Se es castelán falante, os pasos adiante na fala serán os máis satisfactorios. Se sincero contig@ mesm@.

Agora con este documento podes reflexionar sobre o obxectivo que para ti representa o Contrato. Cando acabes de cubrir a ficha, busca un compañeiro ou compañeira e intercambiade impresións.


O MEU PLAN DE ACCIÓN

Esta técnica axúdache a programar máis racionalmente as túas metas en todos os ámbitos e a adquirir conciencia das túas posibilidades e dos riscos que poden acompañalas. Deste modo podes programar a túa rede de seguridade correspondente.

Agora presta atención e adiante:

1. Respecto á lingua galega no centro, quixera conseguir as metas seguintes:
(Marca cun círculo)

a) Mellorar a miña opinión, valores e actitudes cara ao galego e os galego-falantes.

b) Experimentar algún avance no uso do galego.

c) Aumentar, en xeral, o uso escrito do galego.

d) Aumentar, en xeral, o uso oral.

e) Establecer en galego as miñas relacións cos meus compañeiros/as que falan en galego.

f) Establecer as miñas relacións en galego cos compañeiros/as que falan castelán.

g) Relacionarme en galego cos profesores e profesoras, para preguntar dúbidas na clase, para darlles os bos días, etc.

h) Outros:

.......................................................................
.......................................................................


Que obstáculos podo ter...?
(Sinala cunha cruz)

i) Non posúo as capacidades e coñecementos necesarios.

j) Esta meta non é tan importante para min ata o punto de ter que empeñarme en conseguila.

k) Temo o fracaso.

l) A opinión dos demais sobre os cambios que
faga.

m) Síntome raro/a falando galego.

n) Dáme corte.

o) Non me sinto seguro/a

p) A meta é dificil de conseguir

q) Hai xente que pensa que falar galego é menos fino que o castelán.

r) É difícil falar galego se me falan en castelán.

s) Outros obstáculos:


.........................................................................
..........................................................................
..........................................................................


2. Que podo facer para disminuír ou superar as dificultades sinaladas?




3. Quen pode axudarme?

Nome(s):

Clase de axuda:



4. Como son as miñas probabilidades de acadar esta meta?

Moi boas,
boas,
50/50,
limitadas,
moi limitadas.


5. Que me fai pensar así?



6. Que conseguirei unha vez acadado este obxectivo?

As miñas motivacións son:

----- Os puntos extra para a materia.

------A miña satisfacción persoal.
------É un reto intelectual
------Superar complexos, vergoñas, adquirir seguridade respecto ao uso do galego.

------Mellorar as miñas competencias comunicativas.


Outras:





.............................................................
...........................................................


7. Que inconvenientes deberei afrontar en caso de fracaso?



8. Aínda me empeño en conseguir esta meta? Está ben este obxectivo ou debo escoller un obxectivo máis difícil ou máis fácil?



9. Quero facer todo o que poida para asegurar o éxito?




10. Serei consecuente co que escribín nas dúas últimas preguntas?

Si/
estou indeciso/a/
non



Se digo que si estou disposto a asinar o seguinte pacto comigo mesmo/a:


PACTO COMIGO MESMO/A


Eu, estou convencid@ de que quero conseguir a esta meta respecto ao Contrato de Fidelidade Lingüística ao Galego:...................................................
.......................................................O primeiro paso que vou dar é.........................................................
E queda fixado para o día ..............................

Data:



Sinatura:
Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 13-12-2008 20:09
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentário(s)
1 Interessante pro#blgtk08#posta, Séchu :)
Comentário por Galeguzo (14-12-2008 16:23)
2 realmente a primeira frase é ambígua: a proposta foi pensada há uns anos para alunado mais intrépido e agora queria comparti-la com @s pro#blgtk08#fes de língua.

mas a proposta, de certo, si, com algumha adaptaçom poderia-se adaptar para o professorado.

;)
Comentário por madeingaliza (14-12-2008 21:36)
3 Sim, concord#blgtk08#o plenamente
Comentário por Mania de Celular (02-11-2011 23:31)
4 unadorned kjole.Disse grunnleggende stiler gitt deg oft#blgtk08#e slitasje sommer brukte klær.Ønsker du å legge glans
Comentário por Nike Sko (04-12-2012 02:50)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal