Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

C@urel, ilhado



COMUNICADO DE SOS COUREL:

"O Courel está pechado pola neve, e sen luz e sen teléfono dende fai máis de 24 horas

Mentres moitos políticos galegos e os seus amigos de Valdiorras están esquiando a máis de 2500 ou nun balneario o quente, o Courel está pechado por a neve, ao non poder transitar polos portos de paso obrigatorio, algúns deles de menos de 900 metros. Calquera pode entender a zozobra da xente con problemas de saúde ou que ten nenos, neste concello tan rico e tan pobre.

O feito de que non haxa luz, inutiliza a telefonía móbil por deixar de funcionar os repetidores ou ao non poder cargar as baterías, sobre todo aquelas persoas que non dispoñen de cargador de coche, ou non teñen coche.

Esta asociación ben denunciando dende fai anos a vergoñenta asistencia sanitaria de emerxencias no Courel, así como a problemática das estradas, que son diseñadas non para o servizo dos veciños, senón para os intereses dos Concellos veciños, con máis votantes, ou intereses de industrias terceiromundistas en decadencia e ruína.

Non é tan importante mencionar agora, que o Courel quedou baleiro de visitantes, que tiñan reservado dende fai meses, e hoxe puideran estar desfrutando do Courel.

Pero xa sabemos o final desta historia macabra, como xa ten pasado noutras nevadas, despois de horas ou días de suspense dramático, aparecerán os heroes oportunistas, e quitando a neve das estradas as super excavadoras das famosas industrias desta Serra, ás que os sucesivos gobernos axudan despoboando as aldeas para que non teñan estorbos.
"

Comentários (7) - Categoria: Desenhos - Publicado o 30-11-2008 18:21
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentário(s)
1 No Soldón aillados preto máis de 36 horas. Hoxe xa van catro días sen luz. 4x4 dando a #blgtk08#volta no alto da Golada. Xa mandarei fotos. Por certo boa festa na Seara.
Saudos
Comentário por O Fon (01-12-2008 11:56)
2 aperta#blgtk08#, fon!
Comentário por madeingaliza (01-12-2008 12:48)
3 Colguei tamén o comunicado de SOS Courel no blogue. Eu levo varios días sen poder falar cos meus pais porque non funciona o teléfono. Tampouco hai luz, e como #blgtk08#os motores que suministran auga á traída necesitan electricidade, tamén están sen auga. Un desastre. Malia todo, mágoa non estar alí, co que me gusta a neve...
Comentário por Oulego (01-12-2008 21:36)
4 saúdos, oulego,

Os cazadores de vacas, gen#blgtk08#ial!

já falaremos na festa da pisa, se ves
Comentário por madeingaliza (02-12-2008 08:46)
5 Wild brun. Vakker mote, men sjarmerende. Institutt for retro japanske med pels skjøting støvler. Umidde#blgtk08#lbart etter mote trend. Vilt og vakkert. Deilige barn er veldig sterk. Mange som Sør-Koreas liten frisk.
Comentário por Ugg Boots Norge (05-11-2012 09:02)
6 Calquera pode entender a zozobra da xente con problemas de #blgtk08#saúde ou que ten nenos, neste concello tan rico e tan pobre
Comentário por Abercrombie and Fitch UK (07-11-2012 10:33)
7 by the industry associations at or above the county #blgtk08#level. Screening of the China Leather Association,
Comentário por Ugg Boots UK (04-12-2012 02:49)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal