Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GranPurismo: poesia contemporánea



Pardeconde


Isto vai para a miña aldea, para que vexas, Pardeconde.
Cando era neno sempre ía eu para alí,
tiña un abuelo que sempre me quixo tanto a min,
só cunha bicicleta era feliz,
cun cadelo e escopeta de balíns,
éche así, foi un tempo, ben,
ben entretido como as pelexas do Valiente co Malvino,
como pasaron da segunda,
e comprar Phoskitos,
e xogar con Heman,
Javier tiña o castillo,
os vellos sempre estaban para botar partidas,
e o meu vello sempre me pingaba calderilla,
tomaba sete cocacolas, ai, miña barriga,
e chorei cando morreu o can da Guillermina,
eramos outros, xogábamos no souto,
xogabamos ao couto,
xogabamos cos outros,
xogamos ao balón e se rebota contra a pedra,
vai parar ao pozo ou ao corral da Campecha,
ao corral do Cesáreo ou á ventana da Amalia,
ao poleiro abaixo onde o José das sandalias,
e date conta de que os balóns sempre baixan lanzados,
se te descuidas tes que ir para as da fonte buscalos,
sempre fomos algo brutos eiquí,
sempre levo de recordo máis dunha cicatriz,
sempre fomos todos guapos e que podo dicir,
que máis dunha moza pudo ser actriz, éche así,
nada inventado, todo verdadeiro,
a nosa nave era un castiñeiro,
xúroche rapaz que a súa madeira aínda cheiro,
e o que non quería subir era un pildeiro.

Somos de Esgos, non somos modernos,
sei que houbo un tempo no que non había teléfono,
e para que queres tal cacharro do demo?,
se aquí toda a xente sábeche falar a berros ?cago en Díos?.

E se vacilas pola calle non che teño medo,
que os de aquí sómosche duros tal como penedos,
que vaian de malotes, de chulos ou locos, fuck you,
eiqui a xente limpa o cu con toxos.
Xa veras cando chegan festas do San Pedro,
e as orquestas e os xitanos que venden enredos,
xuntaranse todos os vellos e os nenos,
e os da comisión pasan para pedir para o peto,
e ten cuidado se a túa moza baila,
que aquí roubámosche a cadela como o cura en Niñodaiga,
eiquí celebran festas por todo e por nada,
pero tes dereito a telas se traballas, rapaz.
O conxuro recitado onde o Amado,
e todos van á barra como un raio,
que esta festa éche super-fértil do carallo,
se contas nove meses moitos nacemos en maio.

E os domingos ir a misa aguantar,
que digo que os que che saben beber tamén che saben rezar,
unha resaca do carallo do rapaz que nunca deu polas de diante e as detrás, que va,
noites inolvidables no alto da Cruz,
unha pandilla de rapaces chea de espírito,
saber quen lle gusta quen, charlas de tu a tu,
E apagar os cigarriños cando vías unha luz.

Este é o meu sitio a miña terra,
unha casa na aira de arriba onde vive a miña abuela,
son o fillo do Amado, o neto da mai Celia,
o meu primeiro cego serio pilleino en Maceda.
E sei que moitos pensan que isto xa está olvidado,
eu seguirei ladrando como o can do Laureano,
que son auténtico, único e orixinal, como a callada do Carranchá.

Ei, ei... que pasa oh, esta merda xa acabou, ou que?

Ponme esa instrumental outra vez que aínda lle hai que facer un refrán a esta xente, ostia, veña, aí está, moitas grazas.

Ei, ei, Pardeconde, estades preparados para o estribillo?

E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada fun nunca me arrepentín, estea en donde estea, eu sei ben de onde, ¡que carallo! ¡po! ¡po! Son de Pardeconde.
E xa fai tanto tempo que non paso por alí, e cada fun nunca me arrepentín, estea en onde estea, eu sei ben de onde, ¡me cago en Dios! Son de Pardeconde.(bis)

Isto foi todo, falándoche do meu pueblo, da miña aldea, nunca me olvidarei de naide, escoita ben:

Javi Ferreño, Javi Blanco, Ana, Susana, Abel, Claudio, Bruno, Montse, Joseciño, Diego, Daniel, Dani, Iván, Severino tamén, Gloria, Manolito, Carmén, e toda a mafia da aira de arriba tamén, Tamara, Mari Carmen, Sito, Javi, Antonio, Amelia, Rosa, Sebe Agustina, tío Antonio, Amalia, Tía María, tamén, Odilo, e o Eliseo e a Isabel, tamén o José a Milagros, Eladio, María Belén e a Maruja tamén e o Juan Carlos, e a Beatriz e o Ricardo, e o Alberto e o Toño e o Roberto, a Venita o Lauréano, o Pepe e a Merecedes, todos volo merecedes, e para non olvidar o Juan e a Pilar, e todos os que son do outro lugar, o tío Amado, a tía Antonia, Alyes, Amadora, a xente de Babilonia, todos os meus primos de Lisboa, un hora, e o Chaparro e o Gandolas, todos na miña mente, nunca me olvidei, xa nos vemos cando pasarei, que esteades vivos ou mortos eu sempre me recordo, oh, Granpurismo, coñecido como Carlos Abad Garridos, a familia dos Abades, esta éche a merda, si, un verdadeiro gallego, que descanse en paz José Garrido Pequeño...

...

Ei, que aqui tes o tema completo -o poema enteiro- para baixar: aqui

E aqui, GranPurismo
Comentários (4) - Categoria: Geral - Publicado o 14-10-2008 18:52
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentário(s)
1 muito boa!!
a mellor canción galega do 2008, para min.
unha cousiña...en sempre pensei q dicía Balbino e non Malvino e
"como pasa#blgtk08#r onda a Segunda" e non
"como pasaron da segunda"
e "ou pola eira abaixo" e non
"ao poleiro abaixo"...
q opinades??
Comentário por lavesedo (22-10-2008 01:26)
2 em quanto tenha dous minutos fago es#blgtk08#ses cámbios, levesedo, gracie mille!
Comentário por madeingaliza (24-10-2008 08:42)
3

Chopin organize fine #blgtk08#jewelry and Tourbillon dinner
Comentário por Coach Outlet (01-11-2012 08:27)
4
Busy work, we forget to have a dream, these beautiful full col#blgtk08#or dreams turned into a beautiful hand bag accompanied by ca.
Comentário por Moncler Jackets (01-12-2012 02:28)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal