Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Arde o Courel


Na tarde do domingo 24 de agosto, na comarcal 651, no quilómetro 27, iniciouse un incendio que a esta hora aínda segue a queimar unha importante área de Rede Natura do Courel. O lume, con todos os indicios de ter sido provocado, começou a 800 metros do lugar de Ferreirós de Abaixo, e cruzou a estrada descontroladamente.

Desde a asociación SOS Courel queren destacar a descoordenación e lentitude da reacción por parte dos servizos de extinción de incendios, así como criticar a dirección técnica do operativo, o que permitiu que o incéndio gañase intensidade nos primeiros momentos.

O incéndio está controlado nestes momentos, -mediodía do 25 de agosto- perto do cauce do río Lor.

Desde SOS Courel denuncian a política continuísta a respecto da prevención de lumes no Courel -Rede Natura e futuro Parque Natural- da que este incéndio pode ser unha consecuéncia: as beiras das estradas están a monte, os camiños tradicionais pechados, promóvese a plantación de pinos e non de árbores frondosas.

Desde SOS Courel reclaman a atención pública para exixir medidas eficaces que eviten que o Courel sexa pasto de futuros incendios.
Comentários (6) - Categoria: Geral - Publicado o 25-08-2008 11:19
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentário(s)
1 Precisamente hai uns días, paseando pola Devesa de Rogueira, falabamos sobre que oxalá esta posibilidade convertérase en#blgtk08# imposible.

Agora xa sabemos que son máis imposibles moitos soños que a mesma realidade.

Comentário por mer (27-08-2008 16:35)
2 Xa me tardaban os incendios. Agardemos que o mes de sete#blgtk08#mbro non sexa demasiado quente!!

Saúdos
Comentário por Manuel L. Rodrigues (27-08-2008 17:46)
3 como estas sechu??
A saber onde estás agora e a cantas palabras salvaches este verán...eu xa estou en Cruces, agardando xa un frio que non creo que tarde demasiado, despois de pasarme medio verán viaxando.
estiven en Portugal e pareceume incribel, e#blgtk08# a lingua...en canto poida volvo.
recibiches a minha carta??a que che escribin dende irlanda?
a verdade tenho ganas de verte, a ti e a rosa..
espero que estés pasando un verán agradabel a pesar do lume.
un beijinho.
erea
Comentário por erea (27-08-2008 18:16)
4 Güei ye´l día del blogue. Si te da tiempu sigui´l meme.

http://tra#blgtk08#sgu.nireblog.com/post/2008/08/31/dia-del-blogue

el tRasgU d´aRecEs
Comentário por trasgu (31-08-2008 21:22)
5 ola, erea,
pois já me tarda que me contes as tuas aventuras por Irlanda e Portugal.
no#blgtk08#m recibim a carta, nom, e o verao foi intenso, na montanha.
vemo-nos nuns dias.
saúde!
Comentário por madeingaliza (02-09-2008 00:09)
6 O incéndio está controlado nestes momentos, -medi#blgtk08#odía do 25 de agosto- perto do cauce do río Lor.
Comentário por http://www.bsfmusic.fr (12-08-2015 04:43)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal