Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Trivial GZ


ENTREVISTA CON TOXO.

3º clasificado no Campionato de Trivial GZ do Dia da Pátria

P.- Como coñeceu o Trivial.gz? Xa xogaba antes dos campionatos? Era vostede xogador de algún trivial similar?

R.- Comecei a jogar para leva-lo ás aulas pois, como profe, dei com umha ferramenta interessante para o alumnado. Nunca fum mui jogador de trivial nem de parchis ou baralhas e o monopoli pareceu-me sempre umha tonteria como umha casa. Mas no trivial gz aplicado ás novas tecnologias atopei um jogo divertido e educativo.

P.- Élle útil para a súa profesión unha ferramenta como esta?

R.- Como defensor do Aprender Jogando e consciente da importáncia da criaçom de motivaçom no lugar do trabalho em grupo que é umha aula de secundária, o trivial gz é umha pílula vitaminante e supermineralizante.

P.- Cre que ferramentas como estas contribúen á normalización lingüística e cultural de Galiza?

R.- Pois si. É um jogo participativo e a participaçom social é imprescindíbel para conseguir cambios e procesos de transformaçom social. Semelha participativo polo grande número de persoas que incluem, de seu, perguntas mui variadas e representativas de construçons ideológicas diferentes.

P.- Que melloraría vostede desta aplicación, tanto nos aspectos referidos á dinámica do xogo como nos meramente informáticos?

R.- O jogo nom pode consistir numha proba de resisténcia de horas e horas na que ganhe quem aguante mais horas ao pé do ordenhador, como foi desta.

P.- Que recomendación daría a quen se achegue a xogar ao trivial?.

R.- Nom te deixes enganchar. Eu que nunca fum ludópata vivim durante este campionato momentos de preocupaçom pola minha saúde mental e livre albedrio. De feito penso que se quedei de terceiro foi debido a algum tipo de trastorno.


P.- Utilizou vostede algunha estratexia especial neste campionato

R.- Todas as estratégias secretas do Livro de Estratégias Secretas do Trivial GZ.


P.- Que tipo de xogos cre que se deben desenvolver para a web?

R.- Um jogo de rol sobre política actual: Que farías tu se fosses Tourinho? E se estivesses na pel de Quintana? Protagoniza um Conselho da Xunta no papel de Pachi Vázquez. Como te comportarias se fosses um cidadam/á implicada na Rede Galiza nom se Vende? Com probas especiais do tipo: Missiom em Reganosa ou Operaçom Courel ou O regreso do Partido Popular...

P.- Finalmente, pensa que é unha boa opción que a AS-PG aposte polo desenvolvemento das novas tecnoloxía no campo do lecer e o tempo libre?

R.- Por suposto.

P.- Quere comentar algunha cousa máis?

R.- Pois que no fondo todo o mundo é um pouco friki algumha vez na sua vida. Hai que leva-lo com humor. E que bem me venhem os 200 euros em livros! Trabalhinho custou!

Mais, aqui

E aqui, para jogar ao TRIVIAL GZ
Comentários (2) - Categoria: Geral - Publicado o 30-07-2008 11:59
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentário(s)
1 Ola séchu,

Estiven polo courel

Non che fun ver porque á ida fomos por Quiroga ata Seoane e vimos que a estrada está en obras e en bastante mal estado, polo que non voltamos pasar por ela, xa dende Seoane fomos cara Pedrafita

Estiv#blgtk08#o ben, un par de días tranquilos na aldea de Paderne e unha ruta, a do Río Pequeno. Quedounos pendente a Devesa de Rogueira, polo que voltaremos axiña.

Non me extraña que estes namorado deste fermoso paraxe, eu quedei prendida tamén.

Apertiñas.
Comentário por mer (08-08-2008 12:30)
2 Cre que ferramentas como estas contribúen á no#blgtk08#rmalización lingüística e cultural de Galiza?
Comentário por essay writing (08-11-2012 08:21)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal