Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Xunta decidida a acabar co Courel !!


"Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio:


Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra


- Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.

- Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...

- Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.

- Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais...

- Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.

- Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de ?autovías? de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.

- Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.

- Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.!

SOS COUREL: DIFUNDE, ESPALLA!
Comentários (2) - Categoria: Desenhos - Publicado o 04-07-2008 20:38
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentário(s)
1 Shallow blue jeans and cool as ice, youthful and cool double enjoyme#blgtk08#nt regardless of their own or pass passers feel extremely pleasant.
Comentário por Cheap NFL Jerseys (31-10-2012 09:59)
2 Buy small M Hermes Birkin Tips: 1.Do not ever ignore Birkin leather, common leather (for reference only): Comparison of Hermes Birkin f#blgtk08#oreskin feed parameters (just to name several common colors + leather can generate 90 different program) cowhide parameters comparison:
Comentário por Louis Vuitton Handbags (03-12-2012 07:53)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal