Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FRIKISMO SOCIO-CULTURAL
FRIKIROGA: UNHA FESTA FRIKI PARA REHABILITAR UNHA ESCOLA NO COUREL

O vindeiro sábado 3 de maio terá lugar en Quiroga (Lugo), na parroquia da Hermida, un festival cultural e musical para recadar diñeiro para a restauración e o proveito como local social e veciñal da escola de Soldón da Seara, aldea do Courel.

Frikismo social e cultural

Frikiroga preséntase co impulso dun grupo de xente nova da comarca como unha festa de frikis cun frikismo moi particular e socialmente admirable: o interese pola revitalización do Courel e a dinamización cultural dunha comarca con pouca oferta para a xente nova.

Ruxe Ruxe e Cañita Brava



Baixo o lema ?Tod@s somos frikis? a ?Festa non-stop? contará coa presenza de grupos como Ruxe-Ruxe, Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Armadanzas e Ultraqäns, así como a presenza do chamado ?Hendrix das Tarrañolas?, o cantante Cañita Brava.
Animarán o Frikiroga, ademais a banda de gaitas O recanto e a Charanga Os Veraneantes.Zona de Acampada de valde.

Circo de pulgas e competicións deportivas post-modernas



A ?Parada do freaks galaic@s?, o Frikiroga, contará coa presenza do internacional Circo de Pulgas Carruselo ou Galiza Pulgas Circus. E da mestura entre o tradicional xogo da chave e a play station aparece a primeira competición deportiva ?friki e postmoderna? galega. Dentro deste ambiente lúdico-festivo tamén terá lugar o 1º Campionato de Liado de Cigarros, -en categoría de velocidade e artística- alén doutros xogos populares, na mañá do sábado 3 de maio

A Escola de Soldón



Foto de Roberto Ribao

A Escola de Soldón foi construída no espazo comunal da aldea e con aportacións e man de obra dos veciños e veciñas en 1939. Un ano máis tarde a escola estaba rematada e os nenos e nenas comezaban a recebir clases.

No ano 1974 abren a "Escola Fogar" en Quiroga e pechan a unitaria de Soldón, e apartir daquela o edificio deriva nun estado de ruína.

O Frikiroga quere ser un instrumento para axudar a abrir ao mundo outra vez as portas da escola de Soldón da Seara.

....

Copiado e colado desde FRIKIROGA
Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 24-04-2008 20:44
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal