Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O cao de Líster



A história do cao de Enrique Lister é umha dessas anécdotas sobre a Guerra do 36 que falam sobre a natureza do terrorismo fascista. A mim contou-ma Xan Castro um dia em Calo, a umha carreirinha de onde Líster naceu, em Ameneiro.

Pois resulta que o avó de Xan era mestre. E resulta que quando Líster marchou para a Guerra o seu cao acabou na casa do avó de Xan. E assi foi como o cao de Líster ficou na casa do mestre.

Mas quando os fascistas descubrirom que aquel cao era o cao do comunista Enrique Líster, -um dos líderes do Quinto Regimento, encargado despois da defensa dum sector da cidade durante a Batalha de Madrid, ao mando da 1ª Brigada Mixta, e responsábel mais tarde da 11ª Divisom, - pois, digo, quando os fascistas descubrirom quem era o amo do cao, a autoridade decidiu represaliar o mestre e foi depurado e expulsado da docéncia.

Podia ter sido pior.

Porque forom centos e centos os mestres e mestras represaliados polo franquismo, 86 assassinados.

O cao de Líster, se nom recordo mal a história que me contou Xan, foi assassinado.

Temos memória.

......

Mais sobre o canteiro que chegou a xeneral do exército soviético em vieiros.


Na foto, Líster com Ernest Hemingway.
Comentários (2) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 28-02-2008 15:57
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentário(s)
1 50.000 mestres foron depurados polo reximen de Franco. Se vos interesa o tema leede "La Escuela y el Estado Nuevo: La#blgtk08# Depuracion del Magisterio Nacional (1936-1943)" o autor é : Francisco Morente Valero; ed. Ámbito
unha aperta
Comentário por Ana da Toca (28-02-2008 21:35)
2 Fasme recordar a historia de xosé castro veiga, o piloto. asasinado nunha peneda, a carón do embalse de Belesar. eu non coñecín aqueles tempos, mais a memoria nolos#blgtk08# trouxo ata aquí; cecais os políticos debatan sobre a necesidade de recordar, o pobo resistirá ata o fin fiel á súa historia, as follas non se sosteñen sen árbore.
Comentário por Manel vazquez (29-02-2008 00:28)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal