
A polícia espanhola pom-se de parte dos 50 nacionalistas espanhois radicais pro-castelhano na Corunha e carga contra activistas em defensa da língua galega.
...em chuza, mais.
Crónica de galiza.indymedia
e fotos degaliza.indymedia
Tamém em briga
No Portal Galego da Língua.
O conflito nos Muitos Papeis:
Em El Correo
Em La Opinión
Em La Voz
1º Lei do Pringue:
Diante dum conflito social qualquer cidadám ou cidadá soporta duas forças:
1. força centrífuga ou de evasom.
2. força centrípeta ou de participaçom.
Quando pola energia do conflito a força centrípeta supera a força centrífuga @ cidadám ve-se impulado a pringar, posicionando-se pessoal e socialmente a respecto do conflito.
A Lei do Pringue favorece a apariçom de pringad@s -no melhor sentido da palavra- ou partidari@s, palavra familiarizada com partisano, etimologicamente relacionado com tomar partido.
A tradiçom de participaçom social a respecto do conflito lingüistico na Galiza basea-se em valores de justiça social e defensa dos valores culturais locais e promoçom da diversidade universal do pensamento.
O activismo lingüístico é, -e foi-, fortemente responsábel na procura do bem comum e consciente dumha necessária pedagogia que se enfronte aos privilégios e privilegiad@s socio-lingüisticamente.
Na interpretaçom e narraçom da notícia fica bem claro que e Lei do Pringue afecta os jornais galegos, começando polo idioma escolhido para a redacçom do conflito.
De aí que, mais umha vez cheguemos á conclusom de que diante do conflito lingüístico a comunidade que toma partido pola língua minorizada deve comportar-se como tal, como comunidade, palavra proveniente do latím COMMUNICARE, ser em comum, participar em comum, criando um processo participativo e SOCIO-CRIATIVO de COMUNICAÇOM SOCIAL.
A "revoluçom" -da medida das nossas forças- que já está a ter lugar e que deve ser umha revoluçom, em primeiro lugar, comunicativa.
Pois queremos compartir, ser comunidade, criar em comum.
Com umha língua livre, criativa e independente.
E muito trabalho!
É interessante nesta altura, o pensamento do filósofo Carlos Santiago e a sua Teoria dos Electróns:
"Mentres o país continúa desestruturado a nivel físico ou xeopolítico, o espazo virtual permite unha territorialización que antes non era posible.
É evidente que a apropiación do espazo virtual galego é unha conquista, e iso ten un efecto estruturador brutal que é moi revolucionario dentro da propia cultura galega".
Por outra banda, e dentro desta estruturación que Carlos Santiago xa ve, a rede provoca movementos de descentralización coma os xa comentados, o que el chama a "Teoría dos Electróns": "Consiste en que pasamos dun modelo cultural que eu chamaba nuclear ou protónico a un electrónico.
Isto quere dicir que a cultura xa non está patrimonializada por un núcleo ou unha elite, senón que hai moita máis actividade nos electróns", explica. "Ademais eses electróns manteñen órbitas variadas. Hai tendencias centrípetas, que poden levar algúns a se incorporar ao núcleo, e outras centrífugas que os afastan, polo que poden escapar da órbita e buscar novos núcleos".
Como resumo desta nova situación da cultura, para Santiago "descentralízase a propia acción cultural, con tendencias opostas, e fai posible acción na órbita e non só por parte dunha elite".
....
|
| 1 |
No nome da Asociación de Padres y Madres Capuchinas en defensa de la libertad de los alumnos a elegir lo que sus padres libremente les impongan, quero denunciar aquí a imposición, no currículo escolar, das coordenadas c#blgtk08#artesianas, das leis de Képler, do evolucionismo darwiniano e dos polinomios eses, con ese nome tan promiscuo. Non consentiremos que os nosos fillos sexan adoutrinados nese pensamento positivista tan pernicioso e ateo. |
|
|
Comentário por O'Padín (09-02-2008 22:28) |
|