Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sex Please com poemas de Xan Castro


Nesta improvisaçom poético-musical, aí vam três poemas de Xan Castro, sempre!.

Extraído do próximo CD e DVD de
Sex Please: INNER TOUR. Gravado em Ventosa o 29 de Decembro de 2007.

Obrigado á gente de Sex Please pola alucinaçom.

Bks.


...............


1.


Querería chamarvos á cara
filhos de puta,
pero respeto... demasiado as vosas faces
porque sei da natureza onde vivimos;
mais non por iso deixo que me invada
e me instalo na añoranza do perdido,
que aínda que inútil
vos digo
que non hai nada máis grande neste mundo
que a honra na derrota.




2.


O SABIO VELLO DE BABILONIA ANTE A SÚA MORTE ACONSELLA Ó SEU MÁIS PRECIADO NETO ENTRE BÁGOAS E PESARES SOBOR O NIMBO, A VIDA, A LAPA DO SEU AMOR, E OUTRAS MOI VARIAS CONSIDERACIÓNS.


Todo sólido se esvae no ar
Toda ánima se espeta no ceo,
e
Todo anxo ten a ollada dura
que ti terás que traspasar.

Terás, fillo meu, que atravesar
estes os tres estados da vida.

Todo sólido se esvae no ar
Toda ánima se espeta no ceo
e
Todo anxo ten a ollada dura.

E lembra que as luces cegadoras se convertirán en fíos
de ámbar e logo na irradiación dun punto sen lonxitudes

alén.




3.


A cas dos mortos

E non me quedan enerxías nengunhas pra
isto, lévamas todas zugar diste
pequeno xarutiño que levo incrustado no cranio
coma verrugas, nen
podo pór mentes en matinar ou pensar no que estou
escribindo, cada reducida verba, e reducida
por froito da febleza vexetal-rudeza carnefáxica
criouse porque aí a deixaron, mireina eu dende o leito
do meu cristal, e caeu no meu débil cerebro.
Sei xa, xa sei; non teño o tempo nas mans pra pensar
no que estou pensando
vexo liñas escritas nun papel
algo di emocións, e non permanece
e que é e vexo unha sombra paralizada no profundo, hai décadas,
estou zugando do meu xarutiño,
un camiño de follas corrompidas atravesa a arrasa un intestino
de luz tibia circular que leva deica adentro
pero nada permanece
e eu só teño enerxía pra zugar o xarutiño e para a nada que me observa
e me absorbe,
tódalas miñas forzas pra non moverme
queda o vacío dos ollos para adentro
pero farrapento arrástrome despois da lanzada, chorando vello e destrozado
e alzo unha man ferida para deixar un sinal de sangue
que deixa testemuña; non sei, pero canta axuda necesito
mais non me axudades, ficade quedos, non me torturedes
co voso xogo de pezas que hei de ver mover, por que non me axudades,
quedade quedos; axudádeme; deus, teño un buraco negro dentro de min
non podo máis que satisfacerme a min mesmo pero o voso xogo paralízame
ou serei eu o meu pasado entre ruínas un cerebro ráfagas de coitelos tirados
nen mensaxe nen esperanza, non sei, non podo pensar no que digo
enerxía, lánzate polo abismo e resucita merda de símbolo e escuridade
o noxo do carácter circular da ortografía, non podo ver isto coma literatura, xogar ó voso xogo xa non sei onde está a mentira,
onde estou unha meniña
pequena de ollos baleiros a miña pel coma un fel sostendo algo que rebenta no ventre
calor, un xarutiño, a luz nos ollos, ista habitación de paredes da miña historia
furia animal que non me acovarda, a casa dos mortos, ánimo de furia;
quero vivir a miña historia, sei que quero isto.



Xan Castro Huerga, A cas dos mortos, inédito







Comentários (0) - Categoria: Geral - Publicado o 07-02-2008 00:41
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal