Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha palabra común


Eu só son unha palabra común. A miña vida podía ir mellor ou tamén peor. Gústanme os diminutivos afectivos e non me levo nada mal cos números. Nacín aquí, hai xa bastantes anos, e as cousas desde que eu era unha palabra nova cambiaron moito. En fin, que estou para o que faga falta. Aprendín moi cedo que son única, que ningunha outra palabra pode substituírme, como nos pasa a todas as palabras do mundo.

Coñecín moitas palabras que desapareceron e todos os días me cruzo na rúa con algunha que acaba de nacer.

Mais hai uns quince días sucedeume algo preocupante. Acababa de acordar e estaba saíndo da ducha cando soou o timbre da casa. Vestinme apurada e abrín a porta. Cando vin que era un castelanismo fechei a porta con medo. E respirei fondo. Que quede claro que non teño nada contra as palabras estranxeiras. Na miña vida coñecín moitas que viñan aquí facendo turismo. Pasei bos momentos con algunhas palabras italianas e francesas e unha alemá e mais eu mesmo tivemos unha historia de amor hai algúns anos.

(...)

Um relato Made in Galiza

Mais em Móllate coa lingua, o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI de Maside (Ourense).

E aqui Sobre umha interessante entrevista...

Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 31-01-2008 15:27
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal