| Eu nunca serei yo |
|
Um caderno de trabalho de Séchu Sende
A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.
O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado. |
|

|
| Contacto |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| A motoserra |
|

Estou canso.
Hoje cansei de picar lenha,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez sem descansar.
Cómo se converte o castinheiro
em lenha para arder,
semelha o título dum Manual de Instruçons
escrito por Jack London.
Tenho que confesar que tenho medo
da motoserra.
Tem demasiados dentes, ruído
e revoluçons.
E semelha inestábel
como umha persoa que nom é de fiar.
Tranquila em OFF,
entra acesa nos meus pesadelos
e vira-se contra mim com os seus dentes de aceiro,
como um sonho
que se volve realidade.
Ou tamém pode ser
que nom a conheça bem e
nom é que a motoserra seja insegura
senom que o inseguro som eu.
Talvez algum dia
deixe de picar lenha a mao,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez
e lhe perda o medo á motoserra.
Tenho que cambiar,
mas necessito tempo.
E algumhas outras cousas.
Courel, 2007
|
|
|
|
|
| 2 Comentário(s) |
|
| 1 |
Esto de copiar e pegar é unha cousa marabillosa. Para que ímos a pensar se xa temos alguén que o faga para nós.
E logo ¿para q#blgtk08#uen escribes ti? ¿eh?, non será só para ti, será para nós tamén, digo eu...
Unha aperta, meu e grazas pola colaboración.
|
|
|
Comentário por Paco Penas (18-12-2007 12:13) |
|
|
| 2 |
bikos para ti, paco,
a ver qu#blgtk08#ando nos vemos polas cruces!
|
|
|
Comentário por madeingaliza (19-12-2007 08:52) |
|
|
| Deixa o teu comentário |
|
|
|
| |
| Ligazóns desde outras webs |
|
|
|
|
|