Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nena com palavras nos petos!


Salva pediu-me un diálogo entre duas nenas para representarem no seu cole.

Este é o primeiro rascunho. Seguro que aínda lhe dou umha volta.

Copyceibe para beibiceibes!

...............

A NENA CON PALABRAS NOS PETOS

Dúas nenas de 7 anos, máis ou menos, entran no escenario. Un campo ou prado, con moito verde. Unha senta nunha pedra. A outra dá unha volta mirándoa?

Achégaselle.


- Ola? .- Ten un pantalón ancho e unha chaqueta cumprida, cheos de cores e petos por todas partes.

A outra nena non responde

-Olaa?

Nada.

-Olaaa!

Nada de nada.

-Vaia? -Míraa como a um bicho raro. Podería sacar unha lupa do pantalón e ollala como Sherlock Holmes.- E ti porque non falas?
A nena encolle os ombros. Di que non coa cabeza.

-Non falas porque non queres?

Di que non coa cabeza.

-Non falas porque?non tes lingua?

Di que non coa cabeza.

-Non falas porque? es muda?

Di que non coa cabeza?

-Pois falo eu? Sabes, eu tiña un tataratataravó que traballaba nun Circo. Chamábanlle O Gran Peidinni! Naceu aquí hai moito moito tempo e no Circo, alá en París e en Londres, anunciábano como O home que botaba lume polo cu?
Ri?

-Si, si, non rías. Mira, cóntoche? Sempre comía castañas ou lentellas ou fabas e resulta que con iso enchía a barriga de gases, así que cando comezaba a función poñíase a medio metro dunha vela, e arrimaba o cu do seu pantalón de seda cara a chama, así e Pppppprrri, saíalle un fogonazo de lume polo cu.

- ?

-Posiblemente foi o artista máis maleducado da historia dos Circos.

- ?

-Pola súa culpa despediron o home que botaba lume pola boca, porque non tiña tanto chiste?

- ?

-Non dis nada?

- ?

-Oes, ti sabes falar, verdade?
Fai máis ou menos coa man

-Ah, xa me parecía? E entendes ben o que che estou dicindo, non?
Fai así así coa man?

-Ah? Ti non es de aquí?
Fai o signo de oquei?

-E de onde es?

-Kiziguiristán?

-Kiziriguistán!, claro, xa me parecía a min que ti eras de Kiziriguistán? Pois entón ti debes ser kiziriguistaní?

-Si.

-Ves, sabes dicir si! Xa sabes unha palabra? E seguro que sabes outra? Como te chamas?


-Berva.

-Ola, Berva, eu son Uxía, encantada?
Danse dous bicos.

-Pois nada, non te preocupes, a miña lingua é moi fácil de aprender? É como todas, preparas as palabras, abres e pechas a boca, moves a lingua, etcétera. Sabes que é un?, un?, un chourizo?
Di que non coa cabeza?

-Umm, a min encantanme os bocadillos de chourizo, umm? Pois, mira, unha cousa asi, como che diría, así, que se come, e ten un rabo, e sabe moi rico? e ás veces pica? Boh, a ver se teño un por aquí? Eureka! .-Saca un chourizo dun peto!

-A ver, unha palabra máis fácil?

-Castaña.

-Ah, así que non sabes que é unha castaña, pois mira, a ver, si, precisamente teño unha castaña aquí ? Ves, como se di no teu idioma?

-Currushka.

-Anda, curruska, que ben soa! E sabes que é un peido? Si -fai así coa cabeza- ou non -move a cabeza-.

-Non?

-Vaia, así que non sabes que é un peido? Pois? .- Mira nos petos, desconcertada- Un peido é? .-Explícallo en cámara lenta, facendo teatro: sinala o cu e despois fai como unha bomba enorme, que enche o escenario como un gas tóxico, e despois pon os dedos no narís e fai que afoga?

-Castaña, peido, ben? E vela?

-Ahá, vela?

Saca unha vela, apáganse as luces. Xuntanse, falan máis en baixiño.

-Isto é unha vela. E isto é o lume. E isto é a miña man. E estes son os meus ollos?

-Esta é a miña man, estes son os meus ollos, repite.

-Ves, a miña lingua é fácil de aprender. Moi, moi fácil. Xogamos ao eco?

-Xogar .-Fai si coa cabeza.

-É un xogo relativamente divertido? Repite, por exemplo, se eu digo? Caracola, ti dis ola, ola, ola? Vale?

-Si, vale!

-A ver? Caracola? -Uxía tira unha caracola do pantalón ou do abrigo?

-Ola, ola, ola? - Saúdanse coa man

-Caracol? - Uxía saca unha foto dun caracol do peto.

-Col, col, col. ?Uxía saca unha col do peto.

-Vagalume? -Uxía saca outro vagalume e déixao voar?

-Lume, lume, lume? -Uxía sinala o lume da vela.

-Lucecú! ?Uxía saca un lucecú do peto e déixao no aire...

-Cu, cu, cu? -Uxía sinala o cu?

-Ves que fácil. En tres días xa estás aprendendo un trabalinguas?

-Tracalingus?

-Trabalinguas? Un xogo de palabras? Umm, por exemplo .-Saca un papel do peto- : Se vou a Bueu nun bou, vou, se non vou a Bueu nun bou, non vou.

-Se vou a bueu nun afjñklgfñl´fñl´bn -Trabúcase

-Se vou a Bueu?
Apréndelle até que despois de varios intentos dá feito coa lingua.

-Pois esta era a cousa máis difícil de dicir na miña lingua, e xa ves, aprendiches de camiño! O que che digo, seguro que en tres dias falas mellor a miña lingua que moitos nenos e nenas de aquí?

-Non?

-Si?

-Non?

-Si, que é moi fácil?

-Non,

- Si, muller. -Xogan, como nos debuxos animados.

-Non?

-Si?

-Non.

-Non

-Si? -Trabúcase.

-Ves, si! Mira, aínda que che pareza mentira, aquí hai moitos nenos e nenas que falan moi pouquiño a nosa lingua, sabes?

-Por que?

-Umm, ninguén o sabe. É un misterio.

-Un misterio?

-Saca unha interrogante do pantalón.- Unha cousa que non se sabe, - Fai así enconllendo os ombros, erguendo os brazos, como que non sabe.

-Misterio?

-Pois mira, hai nenos e nenas que?, eles falan pero non ou si pero en fin depende ao mellor si ao mellor non ousexa, é dicir, falar falar? Bah, eu non o sei explicar. Son cousas difíciles de explicar. Mira se é difícil que nin a xente maior o dá explicado ben... .

-Por que?

-Pois ese é o misterio.

-Misterio?

-Pero, ves, ti xa o estás falando? Así dá gusto? Falar é a cousa máis fácil do mundo. Eu tampouco me explico porque os nenos e as nenas non falan máis a miña lingua? Eu, por exemplo sempre o falei e xa ves, de marabilla. Deben ter vergonza de algo?

-Eu teño vergonza de algo.

-Ahhh, tes vergonza? Por que?

-Porque non falo ben?

-Claro, é normal. Eu antes de aprender a falar, cando era un bebé tamén falaba fatal? Dicía Aba en vez de auga, e Teiropapolasnopeleiro en vez de Teño cacolas no cueiro? A xente aprende a falar pouco a pouco. Ao primeiro equivócaste mais, despois menos e ao final, nada. Canto máis falas menos te equivocas.

-Eu quero falar mais contigo. En Kiziguistan eu falar moito. Falaba moitísiiimo. E gustábame moito? -Fai así coas mans?, como se tivese un libro.

-Ler? Os libros?

-Si, gustábame moito ler. Eu gusto libros. Baila cun libro entre as mans, con música. Traballar a coreografía.

-Pois aquí teño un libro. ?Sácao do peto- Mira, se queres podemos lelo xuntas.

Nesta altura da representación o autor propón dous camiños:

1. Proxección a través dun visor de fotos dos debuxos subtitulados do conto As palabras de Laura

2. Unha representación do conto con máis nenos e nenas que entran en escena como paxariño, ra, esquimó? etc.

Uxía e Berva len o conto e detrás delas, a historia.

AS PALABRAS DE LAURA

As ilustracións do conto proxectadas sobre o fondo do escenario, nun visor de imaxes, poden ser realizadas días antes da representación polos nenos e nenas espectadores da obra.


Esta é a historia de Laura,
que un día perdeu as palabras.

Coméralle a lingua o gato?
Roubáranllas nun pesadelo?
Era aquilo un gran misterio!

Laura botouse a chorar
porque non podía falar

Daquela saiu ao camiño
buscar as palabras
e atopou un paxariño?
Púxose a escoitar?

Mais cando quixo falar
Laura dixo Pío, pío.

Nun río atopou unha rá
Que lle aprender a cantar.

Mais cando quixo falar
Laura dixo Croá, croá.

Nun barco marchou moi lonxe
e chegou ao Polo Norte
e atopou un esquimó
que lle aprendeu a falar como aló..

Mais cando voltou á súa casa
e botou a falar:
-Pingüirilus, pingüírilis?
E a xente preguntoulle Que dis?

Despois viaxou a China,
a Australia, a Singapur
e a Oklahoma?
E aprendeu moitos idiomas?

Cando voltou á súa casa
Ninguén a entendeu
porque non falaba a lingua de seu.

Sabía falar como os paxaros
como as ras e os esquimós,
como en China, como en Niza?
mais aínda non atopara
as palabras da Galiza

Ollou no armario
e na lavadora
entre os libros e no buzón
debaixo da cama e no balcón?

E dentro dun espello
descubriu con grande emoción
que as palabras estaban?

?no cuarto da súa avoa
debaixo dun zapatón!


As dúas nenas aplauden?

Uxía apaga a vela e préndense as luces de escenario.

-Uxía?

-Dime Berva.

-A min gústame falar, gústanme as palabras? castaña, chourizo, peido, misterio?

-Pois mira, o meu idioma ten milleiros e milleiros de palabras... -Saca moitas palabras dos petos e tírallas ao público, lendo algunha: parafuso, tartaruga, etc.- Logo di: -A min tamén me gusta a túa lingua: currusca

-Currushka, -corrixe Berva.

-Currushka?

Rin.

-Pois mira, vouche contar a historia dunha tataratataravoa miña á que lle gustaban tanto os mocos do narís que un día morreu empachada!

-Mocos? Que ser mocos?

-Umm, vamos, xa cho explico polo camiño?


VANSE EMBORA.

TELÓN
Comentários (3) - Categoria: Geral - Publicado o 11-11-2007 20:44
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentário(s)
1 moi chulo o texto... nom me se#blgtk08#rá vos escritor ou algo assim?
Comentário por (15-11-2007 00:17)
2 algho assi...

tamem sou dom#blgtk08#ador de pulgas...

abrigado!
Comentário por madeingaliza (16-11-2007 07:47)
3 Gustame moito o conto . A imaxen que introduce o conto e chulísima. Visita a páxina do cole de Frian -Teis. Xa temos a #blgtk08#portada de Nadal. Esta obra de teatro penso que vaise facer no noso cole.
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/
Comentário por Ana (07-12-2007 11:55)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal