| Eu nunca serei yo |
|
Um caderno de trabalho de Séchu Sende
A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.
O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado. |
|

|
| Contacto |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| O chinés que falava galego em Nova York |
|

Pois parece ser que um dia a Torrente Ballester deu-lhe um ataque de saudade em Nova York.
E como um dos lugares onde mais afecta a morrinha é o bandulho, Torrente Ballester procurou por toda a cidade umha casa de comida galega.
E, claro, como nom é de estranhar, atopou-no.
Assi que entrou e sentou e apareceu o camareiro, que era chinés.
O camareiro preguntou-lhe Que vai querer o senhor.
E a Torrente estranhou-lhe que o chinés falasse galego mas pediu um caldo para começar.
O camareiro chegava, servia, falava em galego, e a Torrente, como nunca vira um chinés a falar a nossa língua, com sotaque de Camarinhas, aquilo pareceu-lhe tam curioso que despois de pagar a conta colheu e foi falar com o chefe do bar.
- Ola, debeu dicer-lhe. E logo, mire, se nom é indiscreçom..., e logo como fala este chinés tam bem o galego.
E dixo-lhe o senhor ponhendo o dedo diante da boca:
- Ssssh, cale, cale, que el pensa que está aprendendo inglés.
......
Obrigado pola história a Javier, que nos fixo rir com ela na apressentaçom de Made in Galiza em Carvalho.
|
|
|
|
|
| 5 Comentário(s) |
|
| 1 |
Eu sei de dous que non foron tan lonxe unha vez, só ata Maiorca, e despois de levar uns días a base de paellas e ensaimadas dedicaron algún tempo (pouco a verdade) a atopar un restaurante galego. Máis de 40 graos á sombra. Caldo de verzas, lacón con grelos, filloas, viño do Rosal, e licor café da casa da tía do dono do restaurante. A súor esvaraba polas frontes coma se a chuvia de Santiago de Compostela vi#blgtk08#ñese a purificar aquelas terras, cando o dono sentou á mesa con eles e preguntou se eran de Vigo, el era de Teis, e se coñecian a un tal Alberto (poucos datos máis). Vigo é moi grande dixeron eles, non tanto, non tanto, dixo el... é tiña razón. El coñecía ao xefe dun deles. Gran Irmán.
Obrigado por contar a historia que contou Javier, e facerme rir a min.
Un saúdo.
|
|
|
Comentário por Doutora Seymour (03-10-2007 00:45) |
|
|
| 2 |
Graccie mille a ti...
Oes, e ti nom seras a Doutora Seymor de Wachim#blgtk08#ain, Arizona, a curmá de Mister With, o panadeiro da rua 43?
saúdos! |
|
|
Comentário por madeingaliza (03-10-2007 08:00) |
|
|
| 3 |
Collín prestado o conto para mandarllo a un amigo de Chapela que está nos USA e hoxe está de aniversario,hehe.
É #blgtk08#agradabél ter o teu libro na mesiña, estando en Barcelona a estudar, e aínda máis seguir topando cousas neste recuncho! |
|
|
Comentário por Antía (03-10-2007 15:16) |
|
|
| 4 |
anda, eu tenho um irmáo tamem em barcelona,#blgtk08# granollers!
saúdos, antia! |
|
|
Comentário por madeingaliza (04-10-2007 07:35) |
|
|
| 5 |
A mesma que viste e calza!!! Agora o meu curman seica se dedica ao tema do gas, repa#blgtk08#rte bombonas, di que lle deixa máis marxe...
Que pequeno é o mundo!
|
|
|
Comentário por Doutora Seymour (08-10-2007 00:44) |
|
|
| Deixa o teu comentário |
|
|
|
| |
| Ligazóns desde outras webs |
|
|
|
|
|