Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Schiller/Rosalia: A donzela de Orleáns


Escena IV

Joana, soa.

Joana

Adeus, montanhas, queridos campos,
e vós, tranquilos vales, adeus.
Joana nom volverá pisar os vossos sendeiros;
Joana dirixe-vos agora o seu eterno adeus.
Pradeiras que reguei, árbores que plantei,
seguide reverdecendo alegremente.
Adeus, grutas e frescos mananciais;
adeus, eco, voz doce deste val,
que sempre replicache as minhas cançons;
Joana afasta-se e nunca volverá.
Lugares todos das minhas alegrias,
deixo-vos para sempre.
Espalhai-vos, ovelhas polas chairas,
já sodes rabanhos sem pastor.
Bem diferentes rabanhos agora hei guiar
polos sanguentos campos dos perigos.


J.F. Von Schiller, A donzela de Orleáns
1801.

Mais sobre Schiller

Um PDF com a obra íntegra




Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,


amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!

¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

..................

Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.

Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.

Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adios!, ¡adios!

¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!


Rosalia de Castro, Cantares Gallegos, 1863








Comentários (13) - Categoria: Traduçons - Publicado o 24-09-2007 21:20
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentário(s)
1 ¡Manda carallo!...e agora que f#blgtk08#acemos?
¡Tes cada cousa!
Comentário por Paco Penas (26-09-2007 22:00)
2 a tradiçom é a tradiçom...
e#blgtk08# tod@s formamos parte da história!
Comentário por madeingaliza (27-09-2007 11:35)
3 éche o q#blgtk08#ue hai!
Comentário por madeingaliza (27-09-2007 19:26)
4 http://www.bri#blgtk08#llet-pontin.fr
Comentário por http://www.brillet-pontin.fr (21-11-2014 09:11)
5 Ás veces vían a Pippi, que a esas horas estaba dando un paseo a cabalo, ou vestindo ao Señor Nelson, ou facendo os seus exercicios x#blgtk08#imnásticos, que consistían en ficar uns intres de pé, moi tesa, e a continuación dar corenta e tres saltos mortais seguidos.
Comentário por http://www.yd-horses-pensions.fr (07-09-2015 11:21)
6 Voot App is known to be the new venture of Viacom18 Media Pvt. Ltd. It is a tool ut#blgtk08#ilized by modern digital generation to express enthusiasm, triumph, and happiness.
Comentário por voot app (19-12-2016 09:25)
7 Voot App is known to be the new venture of Viacom18 Media Pvt. Ltd. It is a tool utilized by m#blgtk08#odern digital generation to express enthusiasm, triumph, and happiness. https://vootapp.co.in/
Comentário por voot app (19-12-2016 09:25)
8 Windows 7 is still thought to be the most mainstream working framework even after the effective arrival of Windows 8 and windows 10 by Microsoft#blgtk08#. Windows 7 is for the most part utilized by colleges, firms, workplaces and associations as it is best proficient working framework accessible.
Comentário por Windows 7 Product Keys (30-01-2017 07:26)
9 Thanks f#blgtk08#or share
Comentário por ipl match (01-04-2017 17:26)
10
8 Windows 7 is still thought to be the most mainstream work#blgtk08#ing framework even after the effective arrival of Windows 8 and win
Comentário por Dream League Soccer Kits 512×512 (29-04-2017 14:17)
11 get h#blgtk08#ere
Comentário por shaped computer desk (19-05-2017 09:56)
12 Thanks fo#blgtk08#r sharing
Comentário por memorial day quotes (26-05-2017 10:25)
13 This is a topic which#blgtk08# is near to my heart
Comentário por voot (20-09-2017 13:02)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal