Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pippi no colexio


Como é natural, Tommy e Annika ían ao colexio. Todas as mañás, a iso das oito, saían da súa casa, de mans dadas, coa carteira debaixo do brazo, e aínda medio durmidos.

Ás veces vían a Pippi, que a esas horas estaba dando un paseo a cabalo, ou vestindo ao Señor Nelson, ou facendo os seus exercicios ximnásticos, que consistían en ficar uns intres de pé, moi tesa, e a continuación dar corenta e tres saltos mortais seguidos.

Despois sentaba á mesa da cociña para meterlle o dente a un bocata de queixo e a un tazón de café.
Tommy e Annika, ao pasar, de mala gana, camiño do colexio, ollaban con envexa a casa veciña. Darían calquera cousa por ficar xogando con Pippi. Se ela fose tamén ao colexio, a cousa cambiaría.
- Imaxina o que nos divertiriamos cando volvésemos do cole os tres ?dixo Tommy.
- E tamén cando fósemos para alá?engadiu Annika.

Canto máis o pensaban, máis sentían que Pippi non fose ao colexio. Ao final decidiron intentar convencela.
- Non podes imaxinar o simpática que é a profesora ?díxolle Tommy astutamente, unha tarde en que Annika e el foran á cassa de Pippi despois de facer os deberes.
- Se soubeses o divertido que é o colexio? -engadiu Annika, como quen non quere a cousa-. Volveríame tola de pena se non puidese ir.

Pippi, sentada nunha cadeira, lavaba os pés nun caldeiro. Non dicía nada; limitábase a mover rapidamente os dedos dos pés, zurruchando auga no piso.
- Ademais, non hai que estar alí moito tempo ?advertiu Tommy -: só até as dúas.
- E temos vacacións no nadal, vacacións en semana santa e vacacións no verán.

Pippi mordeu, pensativa, o dedo gordo dun pé, mais non dixo nada. De súbito, sen pensalo, verteu o caldeiro no chan da cociña e os pantalóns do Señor Nelson, que estaba ao lado, ben sentadiño e xogando cun espello, enchoupáronse como unha esponxa.
- Non hai dereito! ?dixo Pippi ? É unha verdadeira inxustiza e non o vou consentir.
- Que é o que non vas consentir? ?preguntoulle Tommy.
- Dentro de catro meses chega o nadal; e vós teredes vacacións e eu? - a voz de Pippi estaba chea de tristura- eu non terei vacacións de nadal, nin nada que se lle pareza? Isto non pode ser! Mañá mesmo comezo a ir ao colexio.
Annika e Tommy aplaudiron, alegres.
- Viva!, viva! Mañá, ás oito, estaremos aquí diante, esperando por ti.
- Non, non ?dixo Pippi,- o primeiro día non irei tan cedo. Ademais paréceme que vou ir a cabalo.

E así o fixo. Exactamente ás dez da mañá seguinte, sacou en vilo o cabalo que, como sempre, estaba no porche, e momentos despois, a veciñanza asomábase ás xanelas para ver que cabalo era o que se desbocara, é dicir, o que eles crían que se desbocara.

Pois o cabalo de Pippi non se desbocara. Era só que Pippi quería chegar canto antes ao colexio.
A galope tendido entrou no patio da escola, saltou do cabalo, atouno e, acto seguido, abriu a xanela da aula, cun ruído tan espantoso, que fixo saltar nos seus asentos a Tommy, a Annika e a todos os demais alumnos e alumnas.

- Ola! ?berrou Pippi saudando co seu grande sombreiro- Chego a tempo para as ?plutificacións??

Tommy e Annika anunciaran á profesora que había de chegar unha nova alumna chamada Pippi. A profesora escopitara falar de Pippi á xente da vila, e como era moi amable e simpática, decidiu facer canto fose necesario para que Pippi se sentise no colexio como na súa propia casa.

Pippi deixouse caer no primeiro asento que atopou libre, sen que ninguén a tivese convidado a sentarse, mais a profesora non fixo caso dos seus toscos modais e díxolle cariñosamente:
- Benvida á escola, Pippi. Espero que esteas a gusto aquí e que aprendas moito.
- Estou segura de que aprenderei. E supoño que terei vacacións polo Nadal, pois vin por iso. A xustiza ante todo!
- Se queres darme o teu nome e os teus apelidos? Así podo matricularte.- dixo a profesora.

- Chámome Pippilotta Delicatessa Windonshade Mackrelmint e son filla do capitán de barco Efraín Langstrumpf, que foi rei dos mares e hoxe é o Rei dos Caníbales. Pippi é a breviatura de Pippilotta, nome que, segundo meu pai, resultaba demasiado longo.
- Teu pai tiña razón.- dixo a profesora- Ben, pois tamén nós te chamaremos Pippi? Agora convén que che faga un pequeno exame para ver que é o que sabes. Supoño que saberás bastante, pois xa es unha nena maior. A ver a aritmética. Podes dicirme cantos son sete e cinco?

Pippi ficou asombrada e contrariada á vez. Contestou:
- Se ti non o sabes, non esperes que cho diga eu.
Todos os alumnos e alumnas miraron a Pippi cunha expresión de horror. A profesora díxollle que non se lle falaba así, que á profesora non se lle falaba de ti, senón de vostede.
- Síntoo moito ?excusouse Pippi.- non o sabía. Non o volverei facer.
- Así o espero ?dixo a profesora-. E agora vou dicirche que sete máis cinco son doce.
- Ah! ?exclamou Pippi-. Con que o sabías? Entón por que mo preguntaches? Ouh! Que cabezota son! Xa volvín tratala de ti! Desculpe!

E Pippi deuse un forte belisco na orella.

A profesora decidiu non darlle ningunha importanca á cousa.
- Agora dime, canto che parece que son oito máis catro?
- Pois arredor de sesenta e sete.
- Non ?rectificou a profesora- oito máis catro son doce.
- Eh, eh, mulleriña! Isto xa é demasiado! Vostede mesma dixo hai un momento que doce eran sete máis cinco e non oito máis catro. Hai que ter un pouco de formalidade, e mais aínda nunha escola. Se sabes tanto desas cousas, por que non vas para un recuncho contar e nos deixas tranquilos a nós, para que poidamos xogar ás escondidas?? Ou, perdoe! Outra vez volvín tratala de ti!

Pippi estaba sinceramente consternada. Continuou:
- Pídolle que me volva perdoar. Xa verá como é a última vez.

A profesora díxolle que a perdoaba, mais xulgou que non era convinte seguir aprendéndolle aritmética a Pippi e comezou a preguntarlles aos demais nenos e nenas.
- Tommy, a ver se contestas a esta pregunta: se Lisa ten sete mazás e Axel nove, cantas mazás terán entre os dous?
- Anda, Tommy, contesta! ?interviu Pippi-. E, ao mesmo tempo, responde a esta outra pregunta: se a Lisa lle doe o estómago unha vez e a Axel lle doe varias veces, quen é o culpable e de onde colleron as mazás?


A profesora finxiu non tela escoitado e volveuse cara a Annika.
- E agora Annika, este problema para ti: Gustavo foi de excursión con todos os alumnos do seu colexio; ao saír tiña once moedas de dez céntimos, e ao regresar, sete. Cantas moedas gastou?
- Tamén a min me gustaría sabelo. ?Dixo Pippi. Ademais, quixera saber por que era tan despilfarrador, e se gastou os cartos en cervexa, e se lavara as orellas por detrás antes de saír da casa.

A profesora decidiu dar por rematada a clase de matemáticas. Dixo que a Pippi talvez lle interesaría máis aprender a ler. E sacou un cadro no que se vía unha illiña preciosa, de cor verde e rodeada dun mar azul. Suspendida sobre a illa había un ?i?.
- Que cousa tan rara! ? Exclamou Pippi-. Esa letra é unha raíña sobre a que soltou algo unha mosca. Gustaríame saber que teñen que ver as illas co que soltan as moscas.


A profesora sacou outro cadro que representaba unha cobra enroscada. Explicoulle a Pippi que a letra que había sobre a cobra era o ?s?.
- A propósito! ?exclamou Pippi-. Nunca poderei esquecer unha loita que sostiven cunha serpe xigante na India. Era o máis horrible que vos podedes imaxinar. Medía máis de doce metros e a mal xenio non lle gañaba unha abella furiosa. Todos os días comía cinco indios xa maduros e dous nenos de postre. Un día intentou comerme a min e enrolouse no meu corpo. Mais eu díxenlle: ?Aprendín moitas cousas no mar?. E deille varios golpes na cabeza? Pam! Pam! Ela comezou a asubiar: ?Pssiiii?.!? Eu volvín baterlle: Pam! Pam! E morreu... Así que esa letra é o ?s?? Que interesante!

Pippi houbo de deterse para respirar. A profesora, que xa comezaba a considerala como unha nena escandalosa e molesta, decidiu dedicar un momento ao debuxo. Pippi estaría sentada e quieta mentres debuxaba. Crendo que sería así, a profesora repartiu follas de papel e lápices entre o alumnado.

- Podedes debuxar o que queirades ?díxolles.
- E, sentando na súa mesa, comezou a corrixir cadernos. Un momento despois levantou a cabeza para botar unha ollada. Toda a xente, desde os seus asentos, miraban a Pippi que estaba deitado no pupitre e debuxaba con alegría.
- Pippi! ?exclamou a profesora, perdendo a paciencia- Por que non debuxas no papel?
- Fai tempo que non debuxo en papeis. Non hai espazo para o meu cabalo nesta mísera folla. Agora estou debuxando as patas de diante, cando debuxe a cola seguramente chegarei ao corredor.

A profesora refexionou un momento, visiblemente
preocupada.

- Prefeririades cantar? ?preguntou.
Todos os nenos e nenas puxéronse en pé ante os seus pupitres. Todos menos Pippi, que seguia deitada no seu.
- Xa podedes comezar a cantar ?dixo a nena- Eu vou descansar un pouco. O exceso de estudo pode acabar coa saúde da persoa máis robusta.
A paciencia da profesora chegou con isto ao seu fin, e enviou aos nenos e nenas ao patio, retendo só a Pippi, pois quería falar con ela.
Cando na aula ficaron só elas dúas, a profe púxose de pé e achegouse á mesa.
- Sabes? -comezou a dicir, mais de seguido rectificou- sabe vostede que pasei un bo rato vendo todo isto? Mais paréceme que non volveirei, a pesar das vacacións de Nadal. Hai demasiadas mazás, illlas, cobras, e todas esas cousas. A cabeza dáme voltas. Non está desgustada comigo, verdade?

Mais a profesora dixo que si estaba desgustada; que Pippi non quería portarse ben, e que a ningunha nena que se portase tan mal como ela se lle permitiría entrar na escola, por moito que o quixese.
- Porteime mal? ?dixo Pippi, extrañada- Pois non me dei conta ?engadiu tristemente.
Ninguén podía poñerse tan tráxico como se poñía Pippi cando tiña algún pesar. Ficou en silencio uns instantes e despois dixo con voz trémula:
- Comprenda vostede que cando unha ten por nai un anxo e por pai un rei de caníbales, e pasou a vida navegando, non pode saber como debe portarse no colexio, entre tantas mazás e cobras.
- A profesora contestoulle daquela que o comprendía moi ben, que xa non estaba disposta a volver á escola cando fose maior. E Pippi exclamou radiante de alegría:
- É vostede moi simpática! Mire o que lle traio!

Pippi sacou do peto unha cadea de ouro fino e deixouno enriba da mesa. A profesora dixo que non podía aceptar un ragalo tan valioso, mais Pippi ameazouna:
- Ten vostede que aceptalo. Se non, volverei mañá e xa verá a que armo.
- E dicindo isto, saiu ao patio correndo e montou dun salto no seu cabalo.


Os nenos e as nenas formaron roda ao seu arredor para vela marchar e comezaron a darlle palmadiñas ao cabalo.
- Non sabedes o ben que se está nos colexios arxentinos ?dixo Pippi con aire de superioridade- Gustaríame que os vísedes. Aló comezan as vacacións de semana santa tres días despois de acabar as vacacións de nadal, e acaban exactamente antes de comezar as vacacións de verán. E estas vacacións rematan o primeiro día de novemebro. Certo é que isto é un pouco fastidioso, pois as vacacións de Nadal non comezan até o onde de novembro, mais non está de todo mal, porque non hai leccións. As leccións están completamente prohibidas na Arxentina. De cando en vez sucede que algún neno ou nena se esconde nun armario e ponse a ler, mais pobre del se súa nai o descobre! Naqueles colexios non se estuda nada de matemáticas, e se algún neno sabe cantas son sete máis cinco e é tan tonto que llo di ao profesor, bota o día castigado nun curruncho da aula. Só se le os venres, e iso supoñendo que se atope na aula algún libro, cousa que nunca ocorre.

- E que se fai daquela nos colexios arxentinos? ?preguntou un neno.
- Pois comer caramelos ?contestou Pippi sen pestanexar- Hai un tubo moi longo que vai directamente á escola desde a fábrica de doces máis próxima. Como a fabricación é continua, os nenos pasan o día enteiro comendo caramelos.
- E que é o que fai o profesor? ?preguntou unha nena.
- Pois tirarlles os papeis aos caramelos, tonta. Que pensabas, que iso o facían os alumnos? Se nin sequera van ao colexio: manda os seus irmáns.


E Pippi saudou co seu grande sombreiro.

- Adeus, amigos, adeus amigas! Dentro dun momento terei desaparecido. Recordade sempre cantas mazás tiña Axel, pois do contrario acabaredes mal. Ha, ha ha!

E sen parar de rir estrepitosamente, galopou cara á porta, a tal velocidade que as xanelas do colexio estremecéronse e as ferraduras do cabalo fixeron saltar ao seu redor a grava do xardín.



Astrid Lindgren, Pippi Langstrumpf

Traduçom de Made In Galiza

Mais info sobre Astrid Lindgren

Mais sobre Pippi

Pippi, hoje.
Comentários (81) - Categoria: Traduçons - Publicado o 24-09-2007 14:15
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
81 Comentário(s)
1 Cantos rec#blgtk08#ordos!! :D
Comentário por meninheira (01-04-2009 22:22)
2 http://www#blgtk08#.samata.fr
Comentário por http://www.samata.fr (21-11-2014 09:10)
3 yorumlardan b#blgtk08#eni haber et
Comentário por isim yok (04-07-2015 09:19)
4 Ás veces vían a Pippi, que a esas horas estaba dando un paseo a cabalo, ou vestindo ao Señor Nelson, ou facendo os seus exercicios x#blgtk08#imnásticos, que consistían en ficar uns intres de pé, moi tesa, e a continuación dar corenta e tres saltos mortais seguidos.
Comentário por http://www.daproject.fr (07-09-2015 11:21)
5 If you want to bet reliable and we are here to serve you and #blgtk08#provide all your needs, including the benefits to serve well.
Comentário por sbobet asia (23-10-2015 05:07)
6 Reliable betting is the most effective selection that you can guess online. Since there are companies wh#blgtk08#o will took your cash so in purchase to trust your cash opt for the best one and luxuriate in wagering.
Comentário por Arenabet Sbobet (08-12-2015 04:12)
7 The iPhone 8 is expected to have a 10-nanometer A11 chip that will be both faster and more#blgtk08# efficient, plus rumors suggest it could also include features http://iphone8.wiki/
Comentário por iphone 8 features (05-01-2017 08:21)
8 Thanks for S#blgtk08#haring this.
Comentário por Greenify (04-04-2017 20:33)
9 Thanks fo#blgtk08#r Sharing
Comentário por Greenify (04-04-2017 20:34)
10 Latest Collection of Whatsapp Status, #blgtk08#Wishes, Quotes, SMS & Images.
Comentário por Status for Whatsapp (17-04-2017 12:30)
11 Latest Collection of Whatsapp Status, #blgtk08#Wishes, Quotes, SMS & Images.
Comentário por Status for Whatsapp (17-04-2017 12:33)
12 Thanks for#blgtk08# Sharing.
Comentário por Status for Whatsapp (17-04-2017 12:34)
13 The Microsoft Windows 7 is convenient regarding installation, regular use and otherwise.
ISO files are synonymous with the term disc imag#blgtk08#es; these are file extensions which can be burnt onto another blank disc, so as to retain the same properties and folders as the original disc.
Comentário por windows 7 download (07-05-2017 14:37)
14 Nice Po#blgtk08#st Man
Comentário por AZ Screen Recorder iOS (09-05-2017 21:05)
15 Nice #blgtk08#Post
Comentário por Happy Friendship Day 2017 (28-05-2017 10:25)
16 Nice #blgtk08#Post
Comentário por Happy Navratri 2017 Images (28-05-2017 10:25)
17 Thanks fo#blgtk08#r Sharing
Comentário por Diwali 2017 Images Wallpapers (28-05-2017 10:26)
18 Ni#blgtk08#ce
Comentário por Happy New Year Status (28-05-2017 10:26)
19 Tha#blgtk08#nks
Comentário por Happy New Year Status (28-05-2017 10:27)
20 #blgtk08#
Comentário por Friendship Day 2017 Message (08-06-2017 16:26)
21 thanks <#blgtk08#br />
Comentário por Friendship Day Message 2017 (08-06-2017 16:38)
22 Great. I saw a camouflaged renault kwid the other day. i wanted to shoot a video too but it went away too #blgtk08#quickly until i got hold of my camera. I saw the details next day here -
Automobs
Featured
Comentário por Scott Henesson (04-09-2017 15:55)
23 Ni#blgtk08#ce
Comentário por Scott Henesson (04-09-2017 15:56)
24 Comentár#blgtk08#io por
Comentário por Scott Henesson (04-09-2017 15:56)
25 Nice As#blgtk08# Always
Comentário por Scott Henesson (04-09-2017 15:58)
26 Great as alw#blgtk08#ays.
Comentário por Featured (04-09-2017 15:59)
27 Good.#blgtk08#r />
Comentário por Featured (04-09-2017 16:00)
28 New Year is the time for celebrations and joy. People have a#blgtk08#lways celebrated New Year’s Eve with a lot of pomp and show
Comentário por whatsapp (07-09-2017 16:52)
29 People love to celebrate New Year in the most pompous w#blgtk08#ay possible as it marks the beginning of a new journey
Comentário por CHRISTMAS STATUS (07-09-2017 16:52)
30 India is a land of culture and we see a lot of diversity in the lan#blgtk08#d of India. They are colorful and notable festivals that we all see
Comentário por Navratri Images for WhatsApp (08-09-2017 04:19)
31 Takin' a dive 'cos you can't halt the slide
Floating downstream#blgtk08#r /> So let her go don't start spoiling the show
It's a bad dream
Comentário por Nikolaj Coster (14-09-2017 13:29)
32 Nice Article..
Aswome#blgtk08# Anniversary Quotes
Comentário por Happy Anniversary Quotes (15-09-2017 11:45)
33 Beautiful Post
New Motivatio#blgtk08#nal Love quotes for my dear
Comentário por Love quotes for You (15-09-2017 12:47)
34 nic p#blgtk08#ost.
Comentário por diwali wishes 2017 (18-09-2017 16:59)
35 tha#blgtk08#nks
Comentário por diwali greetings and wishes (18-09-2017 17:00)
36 ni#blgtk08#c
Comentário por diwali wishes (18-09-2017 18:09)
37 thn#blgtk08#ks
Comentário por diwali sms (18-09-2017 18:10)
38 You can find latest wallpaper , images and picture of ne#blgtk08#w year 2018 and you can also watch fireworks of new year
Comentário por shyam sunder (19-09-2017 12:27)
39 Ni#blgtk08#ce
Comentário por Supergirl season 3 episode watch online (27-09-2017 05:15)
40 Ni#blgtk08#ce
Comentário por Supergirl season 3 episode watch online (27-09-2017 05:17)
41 NIce #blgtk08#blog
Comentário por Supergirl season 3 (27-09-2017 05:19)
42 Supergirl season 3 e#blgtk08#pisode watch online
Comentário por Supergirl season 3 (27-09-2017 05:21)
43 NIce kee#blgtk08#p is up
Comentário por Device Mantra (27-09-2017 05:23)
44 FoosballSoccer.com attempts to empower you with all the resources and ... It isn'#blgtk08#t like you can simply purchase a foosball table, learn the rules, and then learn
Comentário por Best Foosball Tables (16-10-2017 12:21)
45 FoosballSoccer.com attempts to empower you with all the resources and ... It isn'#blgtk08#t like you can simply purchase a foosball table, learn the rules, and then learn
Comentário por Best Foosball Tables Review (16-10-2017 12:22)
46 Carpet cleaning, for appearance, and the removal of stains, dirt, and allergens is done through several methods. Clean carpets are recogn#blgtk08#ized by manufacturers as being more visually pleasing, potentially longer-lasting, and probably healthier than poorly maintained carpets.
Comentário por Best Carpet Cleaners Review (16-10-2017 12:22)
47 Discover Braun's electric shavers & razors for men, the perfect precision shaving#blgtk08# tools for smoother skin. Find out all models and view the full range of products
Comentário por Braun Series 9 Shavers (16-10-2017 12:23)
48 nice #blgtk08#one.
Comentário por SSC CGL 2017 Result (19-10-2017 05:46)
49 love #blgtk08#it..
Comentário por ibps po 2017 result (19-10-2017 05:47)
50 https://everythingclash.tumblr.com/
http://madpoet0204.tumblr.com/
http://teamsweepy.tumblr.com/
http://lwtechgaming.weebly.com/
http://angelsthatkill.#blgtk08#weebly.com/
http://race-away.weebly.com/
http://brokenxblm.blogspot.com
http://actiniumstudio.blogspot.com
http://clashofclansblogofficial.blogspot.com
Comentário por apk games (29-10-2017 13:51)
51 great#blgtk08# post
Comentário por ben (01-11-2017 12:54)
52 amazing up#blgtk08#date// :)
Comentário por NEET Entrance Result (10-11-2017 07:57)
53 Great ap#blgtk08#proach.
Comentário por Happy New year 2018 (10-11-2017 07:58)
54 coo#blgtk08#l..
Comentário por Happy New year 2018 (10-11-2017 07:58)
55 Great g#blgtk08#oing./
Comentário por NEET Entrance Result (10-11-2017 07:58)
56 good goin#blgtk08#g buddy..
Comentário por Happy New year 2018 Celebration (10-11-2017 07:59)
57 nice ap#blgtk08#proach.
Comentário por Happy New year 2018 Wishes (10-11-2017 07:59)
58 good o#blgtk08#ne. :)
Comentário por aditi (10-11-2017 08:00)
59 all c#blgtk08#ool.
Comentário por wwe SS (10-11-2017 08:00)
60 Good #blgtk08#fact.
Comentário por wwe SS (10-11-2017 08:00)
61 nice approa#blgtk08#ch from u.
Comentário por mattress Topper 2018 (14-11-2017 19:02)
62 Your post is well detailed and well understood. Of a truth, there are many of the points mentioned above am comin#blgtk08#g across for the first time but I clearly understand it. I hope someday you'll continue posting.

Comentário por Mumbai to Goa Cab hire (20-11-2017 13:59)
63 well exp#blgtk08#lained.
Comentário por enem 2018 (23-11-2017 15:11)
64 well #blgtk08#said
Comentário por oscar awards (23-11-2017 15:11)
65 good #blgtk08#one,.
Comentário por enem 2018 (23-11-2017 15:12)
66 well exp#blgtk08#lained..
Comentário por oscar awards (23-11-2017 15:12)
67 Ni#blgtk08#ce
Comentário por Gurnaik (29-11-2017 15:07)
68 Good #blgtk08#job.
Comentário por gate 2018 (02-12-2017 03:51)
69 good #blgtk08#job.
Comentário por GATE 2018 (02-12-2017 03:52)
70 nice w#blgtk08#ork,,
Comentário por Kerala SSLC (02-12-2017 03:53)
71 Amazingl#blgtk08#y done.
Comentário por cbse 2018 (02-12-2017 03:53)
72 nice one#blgtk08# buddy.
Comentário por movie 2018 (02-12-2017 03:55)
73 nice #blgtk08#one.
Comentário por new year 2018 (02-12-2017 03:56)
74 well #blgtk08#said.
Comentário por christmas wishes (02-12-2017 03:56)
75 Good approach. keep shar#blgtk08#ing more amazing ideas
Comentário por SSC 2018 (11-12-2017 16:12)
76 :#blgtk08#)
Comentário por SSLC Result (11-12-2017 16:12)
77 :) all#blgtk08# cool.
Comentário por SSC Results official (11-12-2017 16:13)
78 Good #blgtk08#work.
Comentário por SSLC Result official (11-12-2017 16:13)
79 :#blgtk08#)
Comentário por Royal Rumble 31st (11-12-2017 16:14)
80 Ah#blgtk08#a.
Comentário por 2018 +2 result (11-12-2017 16:14)
81 wow. #blgtk08#cool
Comentário por 2018 IPL (11-12-2017 16:15)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal