Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A muller que cambiaba as cousas de sitio


Na casa da muller que cambiaba as cousas de sitio as culleres podían aparecer debaixo da almofada ou vagalumes no vertedeiro. As flores máis vermellas do cemiterio aparecían no taller de chapa e pintura e fieitos oxidados no Museo de Arte Contemporánea. Os tractores cruzaban o ceo. Din que un día ao fechar a porta da casa para saír e dar un paso adiante, volveu entrar. Tamén cambiaba os camiños. Unha vez fun con ela polo do matadoiro e o camiño levounos ao muíño. E din que cambiaba os soños de quen durmía con ela polos seus.

Quen falaba con ela cambiaba a súa forma de ordenar as palabras e era moi difícl seguir pensando igual. Descubrías que sempre hai un lugar mellor para algunhas das túas cousas e as túas ideas. Hai anos unha muller foi falar con ela e ao día seguinte cambiou de home para ser feliz.

A xente di que hai cousas que nunca cambiarán, que foron sempre igual e que deben seguir así. É certo que cambiar as cousas de sitio non é fácil. Custa traballo. Mais ela conseguiu que as pedras máis pesadas fosen dun lugar a outro. A néboa tamén. Empuxaba dela coas palmas das mans abertas e movíaa como se fose un globo gris de helio. Ela cambiaba as cousas. Sabía facelo. E nada podía resistírselle. Aí vén, dicía a xente, e mirábaa pasar cun sorriso amábel e un vestido azul.

Hai tempo, dicían, falou co ferreiro e ninguén sabe cómo mais din que lle mudou o futuro. Consegue que as cousas de ferro se movan de seu. E hai dous días cambioulle o pasado a Orlando, o portugués. “Custa traballo, -díxolle-, mas só com trabalho se tem direito ao sonho”. Din que Orlando tiña cousas esquecidas nalgún lugar e conseguiu recuperalas e que outras as levaron ao río e os dous miraron como marchaban cara ao mar. E que logo el botou un caravel vermello pola boca.

Rosa contoume que a ela lle cambiou de lugar a ilusión. Agora tena máis perto, no ombro esquerdo, xusto encima do corazón. E se te achegas, podes ver que Rosa aprendeu a mover de sitio cos ollos fechados o lunar que ten ao lado da boca. Hai moitas cousas por cambiar de lugar, dicía. Vós tamén podedes facelo.

Custa traballo mais é posíbel. A resignación, por exemplo, resístese a moverse case tanto como as pedras. Mais se en vez de mirar cara abaixo erguedes os ollos e a descubrides, podedes collela cos dedos como se fose un insecto e deixala noutro lugar. E o mesmo sucede coa liberdade, dixo onte a muller que cambiaba as cousas de sitio á beira do Ulha antes de marchar. Se credes nela, podedes traela dos soños entre moitos e moitas á vosa forma de ollar.



Séchu Sende, Orixe, Ed. Galaxia, 2004


...


Ás mulheres da Casa Encantada, a Rozio, e hoje, a Estrela e a Andrea Nunes
Comentários (8) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 12-06-2011 09:47
# Ligazóm permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentário(s)
1
Thai Customs beslaglagt 300 millioner baht smugling sko
7 oktober hørsel.Chonburi, Thailand, i går (5 dager) for å sjekke en container.Funnet 12000 par smugling. Til en samlet verdi av 300 millioner baht.Skikker har varer avskjæring og etterforskning. C#blgtk08#habang, Chonburi Long Wharf Tollvesenet.Ble avholdt i går på nyhetene.Annonsert beslaglagt en batch av smuglervarer.Skikker i går for å sjekke en rekke A020-05309-09803 container.Beholderen er sendt til Thailand fra Kina.Importerer instruksjoner som er angitt på plast.
Comentário por North Face Ireland (28-11-2012 04:52)
2 Chloé's where a series of - Faye, the name suggests like mostly because of their family name printed on Chloé's classic a#blgtk08#nimal tag - Horse Series Clutch style as the main design blueprint, type the full grid series there bracelets and rings.
Comentário por Prada UK (29-11-2012 01:20)
3 Custa traballo. Mais ela conseguiu que as pedras máis pesadas fosen dun lugar a outro. A néboa tamén. Empuxaba dela coas palmas d#blgtk08#as mans abertas e movíaa como se fose un globo gris de helio. Ela cambiaba as cousas. Sabía facelo. E nada podía resistírselle.
Comentário por rolex replica (18-11-2013 03:15)
4 Um flminuto realizado em 2007 polo alunado do IES Marco do Camballón, Vila d#blgtk08#e Cruces, Galiza, Europa. Gracinhas a Carlos Meixide e a Tomás Lijó.
Comentário por http://www.coach-sportif-domicile.fr (28-04-2015 04:02)
5 thanks f#blgtk08#or poat
Comentário por http://www.fullfondecran.fr (01-07-2015 11:17)
6 Baseado num relato#blgtk08# de Made in Galiza
Comentário por victoria secret uk (09-12-2015 01:36)
7 No campo da feira havia#blgtk08# milheiros de persoas.
Comentário por http://www.nature-passion.fr (16-04-2016 04:13)
8 eu sempre#blgtk08# serei eu.
Comentário por victoria secret uk (12-05-2016 04:06)
Deixa o teu comentário
Nome:
Mail: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
Comentário:
© by Abertal