Made in Galiza


Eu nunca serei yo
Um caderno de trabalho de Séchu Sende

A minha obra neste caderno está licenciada baixo creative commons, copiceibe.

O autor solicita comunicar-lhe qualquer uso ou modificaçom da sua obra no email de contacto aqui sinalado.

Contacto
madeingaliza
 CATEGORIAS
 FOTOBLOGOTECA
 OUTROS MUNDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Parques eólicos a discreçom!


Por se aínda aínda aínda aínda tes dúbidas sobre a responsabilidade do BNG nesta desfeita histórica e nom queres olhar para outro lado... le este artigo de Xabier Vázquez Pumariño

Explica-o todinho.



Um adianto:

Baste dicir que calquera montaña, outeiro, monte, serra, resalte do terreo ou liña de costa vai ter as súas correspondentes centrais eólicas con algunha minúscula e anecdótica excepción polo que todo o país quedará convertido nun gran polígono industrial adicado á producción eléctrica por obra e gracia da Consellería de Industria.

(...)

Con todo, quizais, o máis incompresible de todo esto é ver importantes sectores do ecoloxismo galego ben calando ben sendo calculadamente ambiguos ante unha desfeita que coñecen perfectamente; seguidismo de Madrid?, só teñen importancia os ríos?; por qué? Eles saberán, pero baste apuntar que se ben hai unha boa e necesaria oposición ao plano acuícola, os obxectivos eólicos terá unha impacto 1000 veces maior. E a militancia nacionalista qué opina de esto? Cidadáns plenos e conscientes ou volubles seareiros?. O presidente Delano Roosevelt cando recibiu ao dictador Somoza dixo: ?si, é un fillo de puta, pero é o noso fillo de puta?; son as grandes empresas galegas (de sempre) o noso dictador Somoza?

O mapa do PLANO EÓLICO na web do INEGA mete medo
Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 24-11-2008 21:43
# Ligazóm permanente a este artigo
Gzvideos
Vídeo GNSV
Comentários (10) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 18-11-2008 17:05
# Ligazóm permanente a este artigo
Ecocídio


"Para atraer a empresas como a sua (...) derrubamos montanhas, arrasamos selvas, secamos zonas pantanosas, movemos rios, desprazamos cidades (...) todo para facilitar-lhes, a vostede e á sua empresa, fazer negócios aqui."

Anúncio do governo de Filipinas na revista Fortune.


Do livro Ecocídio, Franz J. Broswimmer, Editorial Laetoli, 2005.

Um livro que nom deveriamos deixar de ler as gentes que se oponhem á venda e destruçom de Galiza e do resto do planeta.

Galiza nom se Vende, governe quem governe.

Graçanhas, Paula, pola recomendaçom ;)
Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 15-11-2008 11:51
# Ligazóm permanente a este artigo
GNSV ocupa e denúncia


A Rede Social Galiza nom se Vende berrou hoje NUNCA MAIS em diversas ocupaçons de edifícios públicos em Compostela, Vigo, A Corunha, Mugardos, Ferrol e Ribadávia.

PSdG e BNG responsáveis.
Governe quem governe, Galiza nom se vende!

Terra viva e vida digna para tod@s!

O manifesto,
aqui

Mais info: Dous detidos no desaloxo da protesta de Vigo. Na foto, a pancarta rota.

O vídeo, de Bocixa e Raquel Rey
Comentários (2) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 13-11-2008 21:29
# Ligazóm permanente a este artigo
Em defensa própria


Porque tinha paxaros
na cabeça
e bolboretas no estómago,
e lobos na gorja
e cavalos nos braços
e formigas nos pés
e ras nas costelas
e vacas nas pernas
e grilos nos ombros
e corzos nos olhos
e umha troita no coraçom...
nom podia permitir que intalassem
umha canteira no seu peito
nem muínhos eólicos
nos seus pulmons.
Por isso incendiou,
em defensa própria,
a máquina escavadora
que se achegava
ao seu coraçom.
Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 12-11-2008 15:16
# Ligazóm permanente a este artigo
As mentiras do oso


SOS COUREL INFORMA:

Despois do atropelo dun oso pardo en Trabadelo (León) e como fai pouco outro exemplar foi abatido a tiros, tamén nas proximidades; queremos aclarar:

1.- Trabadelo atópase na ribeira do río Valcárcere, liña divisoria entre as serras do Courel e Ancares, pertencentes ambas a Cordilleira Cantábrica. O oso pardo estase a recuperar gracias aos fondos europeos que xestionan a Fundación Oso Pardo e varios concellos asturianos, entre eles o de Somiedo.

O aumento do nº de exemplares fai que a súa presencia na Serra do Courel sexa habitual, detectándose no 2008 a presencia de exemplares diferentes en Trabazas do Cebreiro e en Ferreirós de Arriba.

2.- Lamentamos a falta de coidado da Xunta de Galicia e da Xunta de Castela-León, ao non habilitar pasos de fauna para a Autovía A6 e para a N-VI, véndose estes ?exemplares viaxeiros? obrigados a sortear a circulación de vehículos, ou quedar illados en calquera das dúas marxes.

3.- Lamentamos tamén, que a Xunta de Galicia, esconda a presencia do oso no Courel, co fin de evitar, o escándalo da desgraciada xestión ambiental que están a levar a cabo as Consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, así como a ausencia total do Concello.

4.- Esta ocultación intencionada, fai que o Courel perda ano tras ano a chegada de Fondos Europeos, que si reciben o Pricipado de Asturias e os seus Concellos.

5.- Mentres en Asturias presumen de oso e fan unhas reforestacións e coidados no monte destinados a proporcionarlle alimento ao plantígrado, con castiñeiros, faias e árbores froiteiras; no Courel a Xunta está a repoboar con plantas pirófitas e desolando o monte con pistas e cortalumes.

6.- En Asturias todos os territorios con presencia de oso están protexidos con varias figuras de protección solapadas; nembargantes o Courel aínda non é Reserva da Biosfera, cando xa gozan de tal galardón o 60% dos territorios da Provincia de Lugo, e por suposto a Xunta non ten intención de declaralo Parque natural, a pesares da acostumada e cansiña rumoroloxía preelectoral de sempre, coa única intención de protexer ?lucros varios?.

7.- O Courel cos seus centos de cavidades subterráneas calcarias, cos seus soutos, devesas e prados naturais, desgraciadamente é o único hábitat galego apropiado para recuperar e presumir de oso en Galicia.

8.- Pero desgraciadamente a Xunta de Galicia, comezará coas súas profecías disuasorias de que se o oso vai pasar fame, que se vai pasar moito frío, de que ten nostalxia e que quere marchar, como xa ocorreu cada vez que o pobre animal se asoma nos medios de comunicación:

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/05/29/4814831.shtml

Comentários (5) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 29-10-2008 22:18
# Ligazóm permanente a este artigo
Entrevista a Manolo Caamaño


Pai de Ugio Caamanho, preso independentista.

Visiblemente nervioso e sensible por todo o que está a vivir, contesta con gratitude ás preguntas consciente de que canto máis apoio haxa desde fóra ós presos e canto máis se saiba da situación real, máis respectados serán estes dentro da cadea. "Diso estou convencido", insiste, mentres dá as grazas a todos os colectivos que os están apoiando.

A entrevista enteira, aqui

Comentários (5) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 27-10-2008 10:06
# Ligazóm permanente a este artigo
Rubén Cela bate records


No INFOXOVE Nº 29, de setembro/outubro, publicaçom editada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, aparecem 45 fotografias.

Pergunta: Em quantas fotos aparece Rubén Cela, o Director Xeral de Xuventude e Solidariedade?

a. Em Ningumha foto
b. Em tres fotos.
c. Em mais do 20% das fotos: em dez fotos.

A resposta, aqui








Comentários (11) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 24-10-2008 10:49
# Ligazóm permanente a este artigo
A árbore que caminha


Durante as guerras entre os maoris e os ingleses, na Terra das Nuvens Brancas, que os británicos mudarom por Nova Zelándia, na comarca das Formigas Gigantes e os Diminutos Canguros, os maoris conseguirom secuestrar o governador inglés numha das suas viages.

O político fora o responsável da queima dum bosque sagrado para o transformar em pasto para ovelhas e os maoris decidirom que aquel home que destruira impunemente a Terra devia ser castigado.

O político foi encerrado numha cabana e inmovilizado boca abaixo sobre um cómodo leito.

Os primeiros dias só lhe derom a comer sementes de Gerderindé ou Árbore que Caminha. A semente desta árbore é umha das mais resistentes e xermola em espaços e condiçons nos que ningumha outra árbore sairia adiante.

O castigo foi terrível: umha das sementes germolou no ventre do político e foi medrando pouco a pouco, procurando ao longo do cativério a saída natural do corpo humano e a luz.

A pequena árbore foi-se abrindo caminho dia tras dia no interior daquel home atado boca abaixo e aos 16 dias a planta ?que viaxou paseninha até o recto- agromou polo cu do gobernador.

Ali rebentou a primeira folha.

Trinta dias despois o talo da árbore levantava 30 cm. do cu e botou a primeira flor.

A memória maori recorda que as dores do governador forom insoportáveis até que o primeiro fruto caeu da planta que enraizava no seu corpo. Só daquela rematou a tortura e o político foi liberado com a árbore no cu.

Di-se que despois deste castigo ninguém se atreveu a atentar contra a Vida Natural na comarca das Formigas Gigantes e os Diminutos Canguros.
Comentários (1) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 22-10-2008 11:44
# Ligazóm permanente a este artigo
En Galicia en castellano!


Gran Manifestación:

Atención: Se necesitan buenas españolas (que se vistan por la cabeza) y buenos españoles (que se vistan por los pies) para portar y colocarse detrás de esta maravillosa faja propia que mañana domingo, 19 de octubre de 2008, llevaremos a la manifestación convocada en La Coruña por la Mesa por la Libertad Lingüística (MLL) y el Foro de Ermua e inequívocamente apoyada por Tan Gallego Como el Gazpacho (TGCG), Sei O Que Nos Figestes... Nos Últimos 525 Anos y por nosotros, la Mesa Contra el Libertinaje Lingüístico (MCLL).

Se ruega a los Sres. Voluntarios por la Lengua Común se personen a las 17:30 horas en El Pellizco/O Belisco debidamente vestidos de españoles.

Y aunque en la pérfida Albión sea la hora del té allí mismo será servido un delicioso gazpachito para gratificar tanto esfuerzo voluntário.

¡¡¡HASTA MAÑANA SI DIOS QUIERE!!!


Sei o que nos figestes nos últimos 525 anos
Tan gallego como el gazpacho
Libertinaje lingüístico
Comentários (4) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 19-10-2008 00:50
# Ligazóm permanente a este artigo
Terractiva!


Bota-lhe umha olhada ao programa da terra mais activa!

Comentários (2) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 15-10-2008 18:11
# Ligazóm permanente a este artigo
Ribadávia nom se Vende
Quanto hai que nom vas a Ribadávia?

Pois a vila está em pé contra a planta de resíduos que pretendem instalar na comarca e, eufemísticamente, recebe o nome de "Parque Medioambiental".

Ribadávia nom se Vende!

Mais info no caderno do Foro Social

E em Galiza nom se Vende

...

Por certo, conhecemos um caso de "Polígono Ecotecnológico" que demostra que o poder da vizinhança é decisivo, como estám a demostrar as gentes de Lamela e Cervanha, em Silheda, que conseguirom parar, de momento, a ameaça.
























Comentários (7) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 14-10-2008 16:04
# Ligazóm permanente a este artigo
As criaturas marinhas do C@urel



Em junho de 2002 em La Voz de Galicia aparecia este titular:

Investigadores galegos estudam um novo jacimento de fóseis achado nas montanhas do sul de Lugo


Segundo redigia Francisco Albo, redactor de La Voz de Galicia em Monforte, um equipo científico da Universidade da Corunha investigou umha grande cantidade de fóseis marinhos atopados na serra do C@urel que, ?ajudarám a reconstruír a história geológica desta parte da Península".

O jacimento foi achado no mesmo lugar onde um grupo de científicos de Madrid localizou hai anos umha série de fóseis do período Silúrico.

Os que forom estudados em 2002 pertencem ao período Devónico, umha época geológica posterior, porém mui primitiva.

Os fóseis localizados polos investigadores da Universidade da Corunha atoparom-se nos arredores do grande pregamento tectónico de Campodola, nos límites dos municípios de Quiroga e Folgoso do C@urel -mui pertinho, justo ao lado, das obras da nova estrada entre Quiroga e Folgoso- e som do período Devónico -iniciado hai 400 milhons de anos.

Os restos pertencem a animais marinhos, pois quando quedaron sepultados, o território da Galiza aínda estava afundido no oceano e as terras que com o tempo acabaríam por converterem-se nas montanhas do C@urel formavam parte do fondo dumha gran ria ou fiordo.

Segundo explicava Javier Sanz, os restos destes animais aparecerom en grandes quantidades e todo fai pensar que forom acumulados polas tempestades marinhas.

A fauna do Devónico achada em Campodola estava formada por peixes, trilobites -crustáceos primitivos-, braquiópodos -invertebrados provistos de cuncha-, corais e briozoos ou moluscos diminutos.

Todos estes fóseis eram restos e fragmentos de tamanho minúsculo que só podem identificar-se com o auxílio dum microscópio ou um escáner de barrido.

Como seguimos lendo no artigo de La Voz de Galicia, a estudante Carmen Expósito realizou a sua tese de licenciatura sobre esta descuberta, dirigida polos professores José Román Montesinos e Javier Sanz, do departamento de Ciéncias da Navegaçom e da Terra da Faculdade de Ciéncias da Educaçom da Corunha.

O artigo, de junho de 2002 asegura que o material recolhido na serra do Courel continua sendo estudado. Segundo Javier Sanz, na zona onde foron achados estes restos aínda queda muito por investigar.
....


Evidentemente, umha zona com a riqueza científica e cultural do C@urel, mais alá das suas potencialidades para O desenvolvemento dumha economia sustentável diversificada, exige, -e mais quando se está comprobando o fracasado caminho sem saída do sector da lousa, baseado na destruçom irreversíbel do meio- umha aposta pola inversom em projectos sustentáveis de investigaçom e desenvolvemento em todos os campos.

C@UREL, PARQUE NATURAL JÁ!

MENOS CEMENTO E MAIS JACIMENTOS NO C@UREL

Comentários (4) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 07-10-2008 19:44
# Ligazóm permanente a este artigo
Fiesta Españhola!


Com ocasiom do Día de la Raza, a plataforma cidadá Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos organiza umha grande Fiesta Españhola no Centro Social O Pichel


Mais em Sei o que figestes nos últimos 525 anos!

11 de outubro!

Galiza Ceive... y Olé!
Comentários (3) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 01-10-2008 21:15
# Ligazóm permanente a este artigo
Salvemos a Serra da Lastra!


Chegou isto polo ar. Difunde:

"Ola.

Son Cristina de la Torre, unha veciña da Rúa, en Valdeorras. Escribo para pedir axuda cunha loita pequena pero importante.

O Ministerio de Fomento fixo público hai pouco o estudio informativo da Autovía A-76 que unirá Ponferrada e Ourense.

Pois ben, a proposta que teñen é de atravesar coa nova estrada o Parque Natural da Serra da Lastra, en Valdeorras, e iso a pesares dos informes medioambientais negativos e de que poderían, indo por outro trazado, dotar de infraestructuras á zona mineira de Ponte de Domingo Flórez e Carballeda de Valdeorras.

O estudio informativo está en periodo de alegacións para os particulares así que é o momento de protestar por escrito ante Demarcación de Carreteras para que reconsideren esta opción e salvar así o Parque. Plantexan nada menos que atravesalo cun túnel de 3,5 kilómetros e enchelo de viaductos e taludes.

O que podemos agora é presentar cantas máis alegacións mellor.Temos unha semana de prazo, ata o 4 de outubro.

Así que te pido que te sumes a esta iniciativa, descargues a alegación e a presentes en calquer rexistro ou por Correo. Todos os detalles están no blog SERRA DA LASTRA R.I.P..

Só hai que imprimir a alegación e rexistrala. Podes fotocopiala e conseguir que asinen varias personas (en alegacións individuais) se tes un rexistro preto. Tamén podes redactar a túa propia alegación.

Iremos actualizando o blog con máis detalles en canto podamos. De momento é para organizar as alegacións. Súmate e reenvía este mail ós teus amigos e contactos."


SALVEMOS A LASTRA!
Comentários (6) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 29-09-2008 09:57
# Ligazóm permanente a este artigo
O robo-bo do pre-prémio


A Edu acabam de lhe sacar um prémio que lhe deram aí atrás, o Gonzalez Garcés.

O segundo clasificado, Xabier Lama, denunciou o poemário premiado porque segundo el nom era "inédito".

A mim da-me que algumha gente pertence á Geraçom poética do Cromagnom.

Desde que a internet existe a comunicaçom poética modernizou-se um pouco, e Eduardo, que nos fixo participar dumha aventura com um exercício criativo na rede, en construción, aberto e participativo, está a enfrontar-se com um dos problemas dos pioneiros, a incomprensom.

Que difícil é abrir caminho quando che ponhem um avogado enfronte!

É-che bem triste o conto: Ganhou um prémio de poesia porque tinha bons avogados.

Adiante, Edu. Com intensidade!



Aqui está a carta pública de Eduardo Estévez explicando mui bem as cousinhas.


E aqui, ovnis e isoglosas sobre o tema.
Comentários (4) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 23-09-2008 20:41
# Ligazóm permanente a este artigo
A língua de Robin Hood



E que tem que ver Robin Hood com a língua galega?
Pois...
Um pouco de história...

O inglés formou-se a partir da língua que os anglo-saxónios levarom á ilha británica no século V e desenvolve-se até o século XI com normalidade. É o chamado Old English.

No séc. XI supom-se que falava inglés 1 milhom de persoas. Daquela tem lugar a invasom normanda, que chega desde o continente europeu á ilha.

O normando Guillerme o Conquistador ganha o trono británico em loita de sucesom com Harold, saxónio. E chegam nobres normandos e instaura-se um sistema político normando com a língua francesa como "oficial": A NOVA LÍNGUA DO PODER E O PRESTÍGIO.

O próprio nome do país, Inglaterra, é de orige francés: Angle-Térre, Terra dos anglos.

A nova situaçom lingüística da ilha é parecida a outras tantas histórias de colonizaçom lingüística: o novo rei e todos os seus nobres nom som ingleses, senom normandos chegados de território francés, e nom falam Old English senom que utilizan o francés.

Pouco a pouco começa a decadéncia do inglés.




Mas hai resisténcia. Robin Hood -personage de lendas e baladas- por exemplo, opom-se a ser asimilado e enfronta-se aos normandos, os invasores.

(Se recordamos bem, a figura do rei Ricardo Coraçom de Leom -ausente na maior parte da história de Robin Hood- aparece como a do heroe que deseja unificar os dous povos rivais.)

Pouco a pouco os nobres saxónios vam desaparecendo e desaparece o inglés como língua culta-oficial, substituída no cúmio da pirámide polo francés, compartindo os espaços de poder com o latim.

O inglés passa a ser considerado como "vulgar" e abandona os ámbitos formais, aínda que é a língua maioritária do povo. Isto durou perto de tres séculos.

Fruto daquela situaçom diglósica chegarom até o inglés de hoje pares léxicos curiosos. Por exemplo, ao animal criado na granxa chamam-lhe pig, palavra inglesa; mas quando a carne do porco chega ao prato converte-se em pork, de origem francés.

Outro exemplo desta distribuçom do significado: house (do inglés) / mansion (do francés)



Mas a história vai cambiar. Os normandos, que tinham o seu centro originário na Franza perdem este território a mao dos franceses e agora só lhes queda a ilha británica. E que fam?

Pois vam identificar a língua francesa -que vinham empregando até agora- como a língua do inimigo, que lhe acaba de usurpar a Normandia francesa e decidem asumir o inglés como a sua língua e Inglaterra como a sua pátria.

Assi, a partir do XIV o inglés renace em todos os ámbitos e o processo de Renacemento prosegue extendendo-se nos séculos XV e XVI

.....

Dous fragmentos de Robin Hood:

1.

Os nobres normandos, levados pola sua sobérbia e cobiça, nom deixarom de causar humilhaçons aos derrotados. As cargas tributárias fixerom-se cada vez mais angustiosas, insoportábeis para os pobres súbditos.

Os saxónios sublevarom-se em masa contra os opresores. Campesinhos, artesáns e nobres unirom os seus esforços contra o inimigo comúm: os normandos.

-Já está bem! -dizia indignado um cabaleiro saxónio-. Nom podemos seguir tolerando as injustiças dos normandos. Querem fazer de nós os seus escravos.

-Devemos combate-los e ser capaces de nos librar deles para sempre!




2.

Os saxónios continuarom organizando-se. Crearom um verdadeiro exército clandestino que, em forma de guerrilha, atacava sem trégua os
normandos. Os focos de resisténcia contra os colonizadores fixerom-se constantes.



.....


A obra narrativa que trouxo a Robin Hood até nós é de autor anónimo. Vem sendo umha espécie de relato épico formado por mais de trinta baladas, recompiladas baixo o nome de The gest of Robin Hood, impresa arrededor do ano 1500.

Comentários (6) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 21-09-2008 19:41
# Ligazóm permanente a este artigo
Massa Crítica Galega


"Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes".

Comezou en San Francisco (EE.UU). No ano 1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por que non quedar unha vez ao mes, facer-nos visíbeis entre nós mesm@s e ao resto da cidade e voltar a casa tod@s xunt@?"


Mais em Bicis.info
Comentários (4) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 18-09-2008 20:18
# Ligazóm permanente a este artigo
"Vivir ao llado de Reganosa"


EXCELENTE. NOM O PERDAS: Um vídeo-reportagem de Bocixa e Raquel Rey, em A Nosa Terra.



.....

Para rir: Hommer Simpsom em Reganosa
Comentários (1) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 14-09-2008 20:02
# Ligazóm permanente a este artigo
Reganosa perigosa


PSOE-BNG responsábeis.



Contra a injustiça, em pé

Somos poténcia: Galiza nom se Vende.

Comentários (0) - Categoria: Nom serviam - Publicado o 10-09-2008 11:19
# Ligazóm permanente a este artigo
© by Abertal