Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe |
|
Hoxe erguinme como o día : gris.
Nin branco nin negro, dun gris indefinido e cruel.
Hoxe móllanseme os lentes, e todo se distorsiona en prismas a través dan gotas de auga. E se quito os lentes,é o mesmo gris o que se espalla ate o horizonte. Sinto a auga a baterme nas fazulas, síntoa mesturarse con outras pingueiras salgadas que se verten da miña nube interior. Son bágoas na choiva. |
|
|
|
Linguas de zucre |
|
Vou soñando linguas de zucre,
con sabor a zume de laranxa.
Namentres o sol se recorta, paseniño, na xanela.
Vou pensando en ti. Que me les agochada .
Mentres pensas "que bárbaro...!!! Que parviño es..!!!
Vou medio sonánbulo ( un corpo deitado solo é un corpo deitado... Nin sequera esta morto).
E mentres fora. No frío, comenza hoxe a primavera. cComo dicía Aute : " Deixa que me quede aquí... Onde sempre e primavera" .
Déixame instalarme ao teu carón,
xerando calor animal, para que reverdeza o cañoto case seco da esperanza.
|
|
|
|
Sinto |
|
Sinto caer as estrelas, apoiado no van da porta,
pecho os ollos e escoito o seu laiar .
Sinto palabras que non dixen, abouxando o meu sentido.
Aproveito este silencio que me rodea, este frío que me taladra, este vento que xea as venas .
Aproveito o que sinto para non sentir, para que fiquen as bágoas conxeladas.
Aproveito o anestésico inverno para concentrarme noutros pensamentos.
Aproveito a dor, a perda, o amor e a dor ; aproveito , todo, e non recollo nada.
Tremo, deixo que o frío penetre na memoria. Memoria de outros fríos baixo pontes,
doutros tempos esvaecidos trala nube da loucura, trala dor...
Non quero pensar, non quero sentir, estou canso de empurrar.
E cando por ventura un pensamento se cruza, simplemente abro outra cervexa.
|
|
|
|
|
|