Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Robinsón |
|
Robinsón parou.
Deixou de buscar.
Deixou de vogar na marea.
Esmoreceron as súas forzas,ficou sen azos.
Quedou debruzado na súa balsa, na corrente entre dúas terras.
Robinsón, canso da súa indecisión, perdido nas súas decisións.
Sentou coas pernas de fora, deixando que a auga fría cortase a súa carne.
Empurrouse.
Seu corpo foi engulido pola auga, que logo o cuspiu a flote.
A balsa, a seguridade, ese anaco de realidade que o cinguía á vida foise alonxando, paseniño. Por un intre botouna de menos. Medo.
Robinsón flotou, ollou ó ceo azul, sen direccións, sen este nin oeste.
Unha rosa dos ventos cos puntos trabucados, errante, errática.
As ideas desbocadas, acabalgadas, bulindo nunha cabeza espesa de cansazo.
As marcas do tempo foron tinxindo o seu corpo.
As dentadas da realidade devorando carne é ósos.
Robinsón co peito ardendo, con ese lume que acouga só con aturuxos
Robinsón foi pantasma, transparente, só éter.
E nun destello de loucura, foise diluíndo , deixando que o salitre comese cada átomo, cada enlace, cada electrón.
E por fin, Robinsón foi... ren. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Cánto se te botou en falta, Robinson!
Non es ren...
P#blgtk08#ara alguen es parte do seu TODO... A Illa segue no seu sitio... VEN! |
|
|
Comentario por Túa (16-07-2016 03:46) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|