Robinsón buscando illa


Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Kippel
Esta noite non veu Sherezade.
Agardei, esperando o seu retorno, pero non apareceu. Deixei a fiestra aberta, para unha lúa que non entrou, tapada por unhas nubes escuras.
Abrín os ollos un millón de veces, e o único son que escoitaba era o ruxerruxe do motor do frigorífico, e o único sol que vía a luz do espertador proxectada no teito, ollándome e ríndose, dicíndome " non vai vir"...Pasou un coche... E outro...Caeron os minutos no meu teito, deformándose ate parecer horas, días, semanas. Cataléptico, non quero mover un músculo, non quero respirar, pestanexar, pensar...Non quero asustar á doce contadora de historias, a ese murmurio lene...Así que agardo, na escuridade, a que un pequeno agarimo me roce a pel...máis non acontece...e o tempo...sempre o tempo?pasa?silandeiro...preguizoso?paseniño?tic?tac?tic?tac?tic?
Érgome.
Na praia non hai ninguén, nin unha voz, nin un murmurio, nin un vento?Camiño. Busco unha sombra, unha fiestra pendurada de ningures, unha nube nun ceo azul, mais non hai ren. Recoñezo a paisaxe, pero algo trocou, non sei o que, algo na esencia, na alma dese lugar, algo livián e imperceptíbel transformou o ambiente?nas rochas, no fondo , no mar, nos amarelos alecríns, nos sempre murmuradores xuncos. Todo está igual, pero nada é o mesmo. Todo parece un decorado de cartón pedra a punto de esmorecer, desintegrándose , comesto polo ?kippel? , invisíbel, pero palpábel. Todo se vai esvaecendo, nunha néboa que non vin chegar pero que está engulindo o ceo.
Percibo a area baixo os meus pés, paso a paso?Pero desta vez non miro atrás, sei que xa non é preciso, por que intúo que o meu camiño é para adiante. A néboa espesou , sei que o mar está a miña dereita polo seu son , acompasado, de respirar. Non vexo á miña esquerda máis que unha sustancia opaca, branca, espesa, que se vai abrindo fronte a min, igual que unha gasa?Camiño sen ver, pero camiño, e inda que non sei a onde, agardo atopar uns ollos o final?Sherezade non está, non a vexo, pero tampouco a busco?Ela ten os seus mares propios, e non son tan egocéntrico como para pensar que o seu pensamento xira entorno a min?
Son os tesouros os que buscan os seus donos,e non o revés, son eles os que fan os mapas e os sendeiros, son esas xoias as que poñen as trampas; os demais, os simples buscadores de vida, non facemos máis que xirar en torno a eles, na procura dun pouco desa calor perdida na inercia de camiñar , ingrávidos, polo baleiro do espacio-vida,na procura do mapa que nos leve o tesouro que nos escolleu.
E as veces non o vemos, e moitas máis veces, recollemos un mapa que non nos pertence, e cansos de buscar, tirámolo, por non saber lelo.Outras, as trampas que o tesouro nos pon, seméllannos tan grandes, que nin sequera valoramos o premio final, preferimos deixarnos levar da inercia, sempre é mais doado que tentar nadar contra corrente.Outras, atopamos o tesouro que non nos pertence, e por un tempo a felicidade céganos, pero máis preto, ou máis tarde, as cousas acaecen como teñen que acaecer, e o puzzle componse,deixando ver o oco da peza mal encaixada?E moi raras ocasións, atopamos o tesouro xusto..e entón, soio entón, torna a calor real, e a néboa esmorece?
Esperto.
Unha voz dime que esperte, que me erga, que almorce, que non me faga dano, unha voz dime que home tiña que ser... Esperto, lembro que soñei con Sherezade.Que non estivo. Abro os ollos a un novo día, noite aínda, e sorrío. Sei que ela navega por outros mares, moi lonxe...Pero inda lle quedan por contarme mil historias.
Comentarios (0) - Categoría: As noites son de Sherezade - Publicado o 27-04-2013 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0