Robinsón buscando illa


Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Logo de vogar

Logo de vogar descanso.
Tirado nas ondas das túas sabas , entre rochas de almofadas dispersas.
Escoito o mar do teu respirar, o ar a crebarse contra os vidros,
namentres brúa, un pouco máis lonxe,outro mar.
Agarimo as costas das túas cadernas ,
paso a man por cada táboa,
por cada oco deixado,
por cada pregadura,
por cada humidade,
deixando deslizarse os dedos entra as algas.
Acomodo o meu corpo ao teu,
buscando a pa dos remos,
o cóncavo ,
o convexo,
o positivo ,
o negativo,
a escuridade ,
a luz.
Cambia o son das túas ondas.
Humidade con humidade.
E de novo a tempestade que precede a calma.
Comentarios (0) - Categoría: retrousos para que ninguén lea - Publicado o 21-11-2012 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0