Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Salitre |
|
Volto a esborrallarme por dentro,
boneco de area miúda,
batido da marea.
Volto a deixar diluírse a ialma ,
fumazo de invernía nevarenta,
tras a xeada da mañá.
E o sentido, sen sentir,
sen un sentimento nidio ;
e o cerebro sen pensar,
e o corazón sen latexo.
Todo neurona pura,
todo electricidade,
todo química e física.
Oxalá un deus me convenza
para crer en algún deus,
para así, polo menos,
ter escusa para as penas.
E namentres voume crebando,
vou deixando as pingueiras do meu ser,
mesturándose coa marea que me leva.
E namentres vou bagoando ,
mentres o vento refresca os meus ollos,
cansos xa de ver camiños baleiros,
sen sombras que acubillen.
E namentres a miña pel vaise cubrindo de sucos
labourados por un tempo que non entendo ,
entro os cales van xurdindo frores ,fermosas ,
pero que fan que tamén me esborralle por fora
cando chantan en min as súas raiceiras ,
tentando zuga-lo salitre das miñas bágoas.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|