Robinsón buscando illa


Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lela
Ser alento dos teus pulmóns,
e saír facéndoche vibralas cordas,
agarimando a túa gorxa.
Ser modelado ao teu gusto pola lingua,
esnaquizarme en fíos de verbas entre os dentes,
tanxer con dedos de ar os teus beizos ,
e rematar suicidándome,
como un parto,
como unha expulsión
do teu Edén interior,
na forma de unha cantiga.
Cecais un Lela, mestura da túa voz
e da tenrura dun home.
Ser canción nada de ti, do teu interior,
do teu celme de muller terra,
de terra femia ,
desa fermosura inmensa de muller
que so poden ter as nosas bravas.

Adicado, por que si, por que me peta, as nosas Uxía e Ugia, e a nosa Guadi, voces fermosas en mulleres fermosas dunha terra tamén , como as súas mulleres, brava e fermosa.
Comentarios (0) - Categoría: retrousos para que ninguén lea - Publicado o 22-01-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0