Robinsón buscando illa


Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS

 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Primeira visita
Alguén entrou na casa, pola fiestra, a traveso dos vidros polos que entra luz da lúa.Pousa a carón de min e dime lenemente, o oído ,"Non espertes, ven comigo" ...E unha man agarimou o a miña face, e un bico deitouse na miña fronte, e un aire quente moveu o meu pelo.
"Mira" dixo a voz.
E mirei.
Mirei fixamente un sol que non me queimaba os ollos, e máis abaixo del, un mar tan azul como endexamais tiña visto,e entre os dous, unha nube, (só unha ), branca, pousada adrede, no ceo. Á miña dereita, unha planta de xuncos arrolábase co mexer do vento, e uns toxos, cheos de alecríns,enterraban na area as súas raíces.Busquei o meu redor, e non había nin rastro de quen me falara.
Camiñei por entre as rochas rodeadas de area e nin unha soa pisada mostraba a ninguén.
Inquedeime.
Sentinme só.
Retomei o meu camiño. De cando en cando, viraba atrás a miña cabeza , por ver se me perseguía a dona de aquela voz, pero soamente podía ver o rastro dos meus pes nus, e ás ondas, paseniño,cubrir a area. Decateime entón de algo estraño, certamente: as ondas, aínda que cubrían as miñas pisadas, non as borraban. Debuxei unha raia cun pau que atopei.A primeira que chegou, cubriume os pes ata os nocellos; auga fría, salgada, calmante. E cando se retirou, cansa xa de bicala praia, levou consigo a raia, mais non os pasos. Repetín . Repetiu. Outra vez....Outra vez...Outra vez...
E cen veces, alí estaban as pegadas dos meus pés, máis non os sucos do pau.
Alí estaban as ondas que viñan, que agarimaban, que teimudamente arrincaban a realidade e deixaban os restos dos meus soños.Alí os alecríns,mexidos polo vento, facendo soar os axóuxeres dos seus pétalos, repenicándoos contra as verdes espiñas.Alí os xuncos,murmurio continuo de vento .Alí os meus pes, chantados no chan, con area a se meter por entre os dedos, mais non quedaba rastro de ningún dos sucos que lle fixera a praia.Sentinme impotente. Non podía dominar o mundo nin nos meus soños, non podía deixar atrás mais que os pasos percorridos, non se borraban . Non podía corrixir o meu camiño, sen que del ficase un rastro.Cada paso estaba marcado, cada tropezo , cada vez que virara atrás a miña ollada, cada vez que tiña parado, divagado, torcido o meu camiñar, descansado, acelerado, choutado ... Alí estaban todas e cada unha das miñas pegadas ... Por un momento , o vento parou, as ondas acougaron, os alecríns deixaron de sorrir e os xuntos abandonaron as súas conversas.
Por un momento , o frío e a calor esvaecéronse. Por un instante.Morrín .
Murmurio.
Murmurio.
Murmurio.
Tardei en oílo,era tan lene, que case non o percibía, ata que un lixeiro alento me agarimou a caluga, abrín os ollos, moveuse o tempo? e os alecríns sorriron, e os xuncos falaron , e as ondas retomaron o seu baile, amando a area en cada embate, traéndolle baladas de outros mares .
?Ven? dixo unha voz as miñas costas, ?ven??unha voz ?esa voz?a voz. E volteime.Xirei sobre os meus pasos, deixei ás costas as miñas pegadas, e mirei ao lonxe, fronte a min. Unha sombra de cor nun penedo, tras dunha fiestra aberta que penduraba de ningures. Unha silueta...Unha serea?
Sorría?. ? ven, quero contarche unha historia.Quero amosarche un saber. Quero acenderche unha idea??
Mireina. A pel de escamas vermellas, refulxía baixo o sol, no van,un milleiro de perolas negras escintilaban,remexidas polo vento e o sol. Os ollos, miraban aos meus ollos, sen medo, sen amedrentar, cun sorriso.No cabelo, conchas de ourizo?
? quén es?? Pregunto.
As súas fazulas érguense nun sorriso. E os seus ollos parecen os dun neno argallando unha trasnada?, ? Sherezade ? .Alonga unha man cara a min. ?Ven?...
Á dereita o monte, na esquerda o mar?Miro atrás, vexo o meu rastro, por un segundo ?E vólvome...
Alí segue, fronte a min, ollándome, co brazo estendido, chamándome? A area fronte a min esta lisa, húmida, dourada, con pequenas pedras brancas salpicadas, nin unha soa pegada, sen pistas nin marcas, sen camiños?Que cómodo sería que non estivese?Que non me ollase, que non me acenase?Que cómodo seria voltar a cabeza e retornar, que cómodo??non sei por onde ir??unha escusa, un medo, un último intento para non facer o que quero?? Dá un paso, as de atopar o camiño, se o hai??? Mira de fronte, aos ollos ,sen medo,e sen asustar? Fítoa un anaco , un segundo , e dou un paso? Tras dela brota un campo de papoulas.
Comentarios (0) - Categoría: As noites son de Sherezade - Publicado o 06-01-2012 03:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0