Semieiro das ideas que non deixan durmir, dos pensamentos que se remexen por sair. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Quen |
|
Quen pode culpar de que a tenrura
se lle escape entre os dedos,
que as dubidas agromen na cabeza.
Quen pode culpar o sentimento doce dun amor ,
do lene roce de dous beizos,
das verbas ditas de vagar
a carón dunha orella.
Quen pode culpar da rebeldía do sangue,
do corpo que se ispe amodiño,
deixando esvaecerse a seda.
Quen pode culpar de amar,
Quen de chorar.
De desexar ,
e desexarse.
Quen de ver o seu reflexo,
no reflexo dunha pupila,
que te reflexa.
Quen pode poñer chatas a unha obra
que sempre se empeza.
Quen pode dicir que non,
ou que si,
ou impureza.
quen negala fermosura dunha risa fresca.
Quen puidera namorala, meu amigo
Quen pode culparme,
de chegar tarde a unha cita
nunca marcada na axenda.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
gustame moito o poema que deix#blgtk08#aches e precioso suege asi¡¡¡ |
|
|
Comentario por rosa (04-01-2012 23:31) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|