A vida de Lúa


Estades no blog de Lúa, unha rapaza que non atopa o seu oco no mundo. Unha alma perdida que espera algún día atopar o seu sitio.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Estou farta de esperar...
¿Sabedes a sensación de estar esperando eternamente por alguén? As veces coido que chegará ese momento no que estaremos xunto, pero despois el afástase de min como alma que leva o demo. Non o entendo. ¿Qué coño lles pasa aos homes? A veces gustaríame meterme na súa cabeciña e entrerme vendo os seus pensamentos, sentindo o que el sinte, e saber, dunha vez por todas, que se lle pasa pola cachola.
O problema é que iso non vai ocurrir, e sigo pensando e pensando o que el está pensando. Igual, soamente sexa que me aprecia, pero vexo nos seus ollos alegría cando me ve. Quizáis soamente sexa porque me ve en mi unha rapariga nova, perdida no mundo, chea de vida, e iso faille acordar cando el tiña a miña idade (¿dixenvos que me leva 18 anos?).
Non o sei, pero este tema tortúrame ata o máis fondo do meu ser. E non sei como vou sair del.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2007 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Namorarse
¿Por qué nos temos que namorar? E, sobre todo, ¿por qué sempre (ou case sempre) sae todo o revés? Eu non sei como vos foi a vos no amor, pero, para min, e polo de agora, moi mal.
É o conto de sempre, se che gusta, a el ti non, e a inversa. Sempre todo unha merda pinchada nun pau.
So podo falar das miñas "relacións" fallidas, e espero que o resto da xente lle vaía millor ca min.
Eu, na actualidade, estou namorada dun individuo. Ata agora todo ben. Pero cando se ven arrastrando isto dende fai case cinco anos a cousa complícase. Se ise personaxe e bastante maior ca min, máis inda. E, se máis ou menos, sabe o que sinto, e anda con caralladas pero non avanza nin pa diante nin para atrás, inda é peor.
Sei que a tonta son eu, que o debería mandar á merda fai tempo, pero o corazón fai cousas alleas a nos. Cando paso unha temporada sen velo o asunto millora, pero, ao velo, o mundo cáeseme aos pés.

Vos que me diriaís que fixera???
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2007 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os amigos
6 de abril de 2007


Realmente, ¿quen son os amigos? Hai preciosas historias que contan as súas aventuras e desventuras, que nunca se separan, que se axudan uns aos outros. Pero, ¿iso é verdade ou son simples e baratas historias?.
Uhm. O certo é unha cousa. Sempre dis que os amigos son para sempre, que os verdadeiros so se contan cunha man... pero cando algún deles atopa parella, plas! de repente desaparecen.
Hai xente que eu califico coma "normal" e inda con parella, é un ente que se vale por si mesmo, e pode saír da súa casa para estar cos seus amigos, facer cousas por si mesmo, etc.
Pero, por outro lado están aqueles que desaparecen da túa vida, so se ven de vez en cando, e, para maior inri, xa non poden ir a ningún lado sen o outro, porque, claro, o día so ten 24 horas e perder unha de estar o un co outro pode ser un descalabro total, O APOCALIPSE. E nese intre é cando ti pensas que realmente so te precisaban cando están sos. Pero boeno, ti vaste o teu. O descalabro total comeza cando a súa relación fracasa (será quizáis porque pasaban 24 horas seguidas xuntos???) e che veñen a chorar, a contarche as súas desventuras, a oir que malo era el/ela... e ti, como eres así, os escoitas os intentas calmar, e lle das reconforto. ¿Para qué? Para que despois volvan con el/ela ou atopen a outro e se volvan a olvidar de ti....
En fin, o mundo non é doado, non?
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2007 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hola a todos!
5 de abril de 2007


Cheguei. Chámome Lúa. Son unha rapaza normal, como moi ben me presentaron.
Síntome moitas veces como algo allea a esta sociedade na que me tocou vivir. Non atopar un sitio, non atopar a alguén que se complemente contigo, non saber en que traballarás nin que che deparará o mundo.
Moitas cousas supoño. Pero tamén será algo normal a miña idade (24 anos).
Moitos me dín que son unha nena, que teño índa toda a vida por diante (como a seríe da galega), pero tamén ao mirar o meu redor e ver xente do meu círculo que teñen parella, un traballo e unha vida feita, penso que algo pasa comigo, coma se o mundo xirase máis despacio para min que para o resto da xente.
Gústame moito a compañía de xente de maior idade ca min, escoitalos e coñecer as súas vidas, pero teño problemas coa xente da miña idade porque non consigo conectar directamente con eles.

Boeno, creo que por hoxe está ben. Mañá máis. Unha aperta a todos e grazas por leer o meu espazo.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2007 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Chegou Lúa
Lúa é unha rapaza normal. Busca un oco no mundo, que a salven desta sociedade na que lle tocou vivir. E agora contará o que sente, o que pensa, e como lle gustaría que fose a súa vida.
O mundo ilusorío e real mistúranse nela misma.
So é unha rapaza neste gran mundo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2007 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal