Loita e vida.


Contra a masa social.
Sodes culpables por ter aceptado e construido isto. Non atoparedes a vosa inocencia dentro dela porque ésa é a maior vergonza da historia. Os máis grandes crimes comentéronse no nome desa vosa creación. E por iso habedes de pagar. Por mui grande que sexa o que construistes só servirá para facer máis ruido cando caia a vosa construcción.

E o voso cascallo formará a terra pola que eu camiñe cara a paisaxe que agacha o vosas pedras.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2009 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As altas torres.
Mirade esa torre alta. Muitos anos levounos construila. Forte e grande para que non caia nunca. Facédea máis forte, reforzade a súa base, porque mentras a torre estea en pé, nós seguiremos vivos.

Ninguén poderá botar abaixo a nosa construcción e será eterna, feita para durar sempre, porque mentres estea en pé, a nosa civilización prevalecerá.

Máis grande que o deus mesmo, e máis alta que as nosas pretensións, todos poderedes mirar para ela e saberedes que a lei se mantén.

Porque nesa torre temos a nosa defensa, temos o noso argumento contra o inimigo que esnafrará os seus ataques contra o limpo brillo da nosa torre.

Non haberá disidencia da orde que constrúe a nosa alta torre porque calquera que obxete, é un traidor que dá patadas contra a nosa vida, e polo tanto merece a morte.

E así o faga deus contra del.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-01-2009 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
botellón
P.— ¿Cómo ve o fenómeno do botellón?

R.— Hai que prohibilo totalmente, pero a cuestión é ¿qué se fai con esa xente y cáles son as raíces de todo iso? vino por primeira vez en Sevilla, hai uns anos. Uns 400 adolescentes reunidos na rúa, coma primates que se xuntaban aterrorizados, dándose ánimos mutuamente, quizáis polo que se lles viña enriba...


Gustavo Bueno
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2008 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Caramelos.








Qué envelenados están os caramelos que comen os nenos....
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2008 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pretty Woman.
Á puta facíanlle unha entrevista, e preguntábanlle pola historia de película. Ela contestaba que coñecera muitos casos coma ése, que sempre hai clientes que queren casar coas putas e liberalas da súa escravitude, redimilas do seu pecado, salvalas da súa vida. Algunhas delas aceptaran e casaran con eles, e ó pouco, en nada, en calquera ocasión non faltaba o momento en que o marido lle recordaba á puta quen era e de onde a sacara.


Para iso queremos mercar escravos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2008 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O home que sachaba (II)
O home que sachaba deixou de ir a misa e de botar a partida cos amigos pola súa preocupación por sachar naquela leira que tiña detrás da casa. A xente comezou a lle ter medo polo seu aspecto descuidado, a súa roupa chea de terra, suxo como andaba sempre, e a súa mirada perdida, tola, falando só, torturado nos seus pensamentos, preocupado sempre por sachar, por quitar máis terra daquel buraco.

Atopara restos do pasado, atopara o lixo que se vai afundindo na terra co tempo. Pero o home que sachaba seguía sachando buscando aquilo que non atopaba, e por aquela búsqueda deixara de ser persoa, xa non estaba no mundo, perdera a súa alma por sachar na terra.

O home que sachaba renunciou á súa vida por sachar, e anos botou daquela maneira, vivindo coma un can, e calquera outra cousa que non fora sachar non lle prestaba importancia. Perdera muito peso e xa case esquecera falar.

A fame, a calor do sol, a sede e o tempo que levaba sachando fixolle oir unha voz:

- "Para atopares iso que buscas non vale ese sacho."

E o home que sachaba deixou de sachar e púxose a buscar un sacho que lle servira.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2007 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O home que sachaba.
Un día deixou de comer e púxose a sachar detrás da súa casa. Deixou de falar coa xente e nin vivía, só sachaba na terra como se quixera morrer alí mesmo.

Semanas e meses botara sachando e dalí sacara muita terra e topara algunhas pedras valiosas, gardadas na terra coma segredos agochados, e algúns obxetos curiosos que alguén perdera e se afundiran na olvido co paso do tempo. Pero todas esas cousas as botaba a un lado e seguía sachando, porque nada do que atopaba alí enterrado era o que buscaba.

A xente miraba para el e se preguntaba qué buscaba alí abaixo. Uns dicían que estaría buscando ouro. Outros que buscaba auga para facer un pozo. Outros dicían que petróleo. Outros que estaría facendo oco para meter algo dentro. O cura dixera que estaba buscando a Deus e logo viu quen dixo que estaba buscando a súa sombra ou a súa alma.

Había tempo que o home deixara de falar coa xente, ocupado na tarefa que tiña diante, sachando e sachando sen parar de quitar terra que parecía que quería valeirar o mundo, e os veciños que xa se preocupaban por el foron e lle quixeron preguntar qué era o que buscaba.

O home parou un momento de lle dar ó sacho. Quitou un pouco de terra da cara e tomando uns folgos díxolles:

- Estou buscando a maceta.

Mentres pensaban un pouco para non diciren nada, o home que sachaba volveu ó seu traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2007 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A natureza de supermán
Superman defende ó mundo das amenazas. Pero ata que supermán chegou non había ameazas tan grandes e monstros tan feros como os que loitaron despois contra el. Será que supermán é o que crea todas esas ameazas para loitaren contra el?.

Pero o centro da historia de superman é Lois Lane. Muller profesional, independente, traballadora, preciosa e con clase, segura de si mesma e coas ideas claras, volcada na súa carreira profesional. Un estereotipo de muller que se pode atopar en muitas ocasión. Os autores de superman crean o personaxe como resposta á pregunta de qué habería que facer ou cómo habería que ser para ligar cunha muller coma esa. Porque como Clark Kent non teñen nada que facer, e para conquistaren a esa muller hai que ser... supermán!! Arriba e... alá vouuuu!!!

Por suposto, a impotencia dos homes revélase tamén nas súas sobrecompensacións.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2007 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Soños adolescentes
A rapaciña nova leu no periódico que violaban a mozas de noite, botándolles drogas nos vasos que bebían sen se decatar e que as facían durmir para se aproveitaren delas.

Por un segundo a mociña pensou por qué inda non lle pasara a ela algo así.

Logo amosou toda a súa indignación por aqueles feitos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2007 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Jeremiah Johnson.
O seu nome era Jeremiah Johnson. Din que quería ser un home da montaña. A historia demostrou que tiña o inxenio adecuado e espirito aventureiro, feito para a montaña. Ninguén sabía de onde viña, e non parece importar demasiado. Era un home novo e as historias de medo sobre as montañas non lle asustaban. Buscaba un rifle Hawkin, calibre 50 ou mellor. Conseguiu un 30, pero un autentico rifle Hawkin. Non atopou nada mellor. Comprou un cabalo, trampas e outras cousas necesarias para ser un home de montaña, e dixo adeus á vida do val.

[...]

Utiliza esta pel peregrino, o que aprendeches alá abaixo na terra chá non servirá de nada aquí arriba. Tes muito traballo por facer.

[...]

Non botas de menos nada alá abaixo?. O qué. Unha muller. A mesma todas as noites?. Nunca encontrei un camiño no seu corazón. Non me malinterpretes. Gústanme as mulleres, pero o pensamento dunha muller é a rocha máis dura que creara o Todopoderoso e non son capaz de atopar ningunha pegada alí.

[...]

Muitos veñen a atopar o que non tiñan abaixo. E non serve para nada. Non se pode loitar contra a montaña.

[...]

Tes sorte de que sexan Crow. Os Apaches virían de 50 en 50. Entre os indios, a grandeza dunha tribu calcúlase pola forza dos seus inimigos. Deberías marchar a unha cidade. Deixar estas montañas...

- Xa estiven nunha cidade.

[...]

Vixía a túa cabeleira. Aqui están as máis belas esculturas de Deus. Non hai leis para os valentes. Nin asilo para os tolos. Nada de igrexas excepto esas. Ningún sacerdote salvo os paxaros. Son un home das montañas. Viviréi ata que unha frecha me dea.

[...]

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-05-2007 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3] [4]
Pretensións filosóficas.
Free Web Counter


Eu... vin cousas que vós non creríades...

traducir "loita e vida" al castellano.

Este sítio apoia a iniciativa da Plataforma para a Recepçom das Televisões e Rádios Portuguesas na Galiza

O meu perfil
loitavida@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal