Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Levantar as pálpebras do corazón. Eva Veiga
LEVANTAR as pálpebras do corazón
Coma quen esfolla no aire
A súa espiga de luz

Sentir na carne viva
A intemperie do mundo

E pronunciarse das bágoas
Suavemente dende a dor
Até o rostro invisible



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
rompe un río dende o máis fondo. Eva Veiga
rompe un río dende o máis fondo da casa
e ti es para sempre a luz serena da tarde



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
vai moito frío. Eva Veiga
vai moito frío
nas cámaras interiores
fragmentos lúcidos
aspas de silencio

a dor é xa unha árbore
no primeiro nadal sen ti

xogamos nunha rolda
no canto da raia
corre corre que te pillo
a túa roupa abatida no abafo do armario
cadaquén tece na súa alma unha arañeira



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Vermes e raíces diminutas. Eva Veiga
VERMES e raíces diminutas
transitan a terra escura e lenta.

Vermello é o son
das follas que caen do castiro.

O paxaro ten os ollos
fixos nun punto do infinito.

Non arelas nada.



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
A noite era verde. Eva Veiga
A noite era verde
e somnámbula:
nin un río, nin o mar;
tal vez, unha fonte
que alumeaba o íntimo
-a casa- de ámbar.



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
A noite atravesada pola frecha azul. Eva Veiga
A noite atravesada pola frecha azul do teixo



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Veas de aleivoso silencio. Eva Veiga
Veas de aleivoso silencio abrazando as árbores
que espaventadas buscan aínda o sol.

O camiño de sempre a se perder no lonxe,
area dun impasible e secreto reloxo.



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
EUME. Eva Veiga
EUME

O escorrer sen fin da sombra
e o riso imperturbable da pena.



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
NAI. Eva Veiga
NAI

CANDO veña o tempo de derrubar
as estatuas nosas
pola súa man noutrora ergueitas,
cando os nosos actos
e tamén os desleixos
voen como follas desprendidas
no aire indolente e incomprensible,
cando os nosos átomos e mesmo
os xenes que compartimos
se esquezan xa noutras existencias
da vida e da forma sucesiva que nos deron,
entón, alén do sol e deste inverno
que me anega,
a luz túa sempre acesa
e desa luz a miña sede
avivarán o amor universal
que adoito refai tan alta casa.



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
E o sol pousou no río. Eva Veiga
E o sol pousou no río
A noite



Eva Veiga, 2010, A frecha azul do teixo, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 23-04-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [71]
© by Abertal