Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A literatura do Século XIX. Rexurdimento

Presentación de Sofía Rama


Comentarios (0) - Categoría: 030. Século XIX - Publicado o 04-07-2012 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Comentarios (0) - Categoría: 020. Séculos Escuros - Publicado o 04-07-2012 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
O mapa de Fontán

Comentarios (0) - Categoría: 021. S. XVIII. A Ilustración en Galicia - Publicado o 04-07-2012 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Vilancico
¡Ai!, se noso Deus
galego se face,
vamos a cantar
á chociña en que nace.
¡Ai!, se a súa mai
é de Compostela,
vamos a cantar,
fermosa galega.

Todo galeguiño
toque churumbela,
que o meniño belo
é da nossa terra.
Façámoslle todos
a dança galega,
que está desnudiño
e chora e tembra.
Pois nace en Galiza
á falda da serra,
galego se face,
é da nosa terra.


Anónimo (1637)


Fonte: Lingua Galega e Literatura Bacharelato 1, Anaya


Comentarios (0) - Categoría: 020. Séculos Escuros - Publicado o 04-07-2012 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Respice finem


Morte cruel, esa treidora maña
de roubar de socato a humana vida;
¿con que ollos a puideche ver cumprida
na Santa Reina que hoxe perde España?

Se aquel rancor que te carcome e laña
che tiña a mao, para matar, erguida,
¿non deras noutra parte esa ferida
onde non fora a lástima tañaña?

Non se torcera aquel fatal costume
e a lei que iguala do morrer na sorte
os altos Reis cos baixos labradores?

Terrible, en fin, é teu poder, oh Morte,
pois diante de ti Reis e señores
son néboa, sombra, po, son vento e fume.


Vázquez de Neira, Exequias da Raíña Margarida, 1612


Fonte: Lingua e Literatura Bacharelato 1, Xerais


Comentarios (0) - Categoría: 020. Séculos Escuros - Publicado o 04-07-2012 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Pranto da Frouseira

A Frouxeira (Foz) na actualidade.
Fonte da fotografía: Turismo Galicia


A min chaman toda Mira,
señora do gran tesouro;
por estrela crarecida
xago neste Valedouro.

Máis tredor foi que un mour
o vilao que me vendeo
que de Lugo a Ribadeo
todos me tiñan temor.

De min, a triste Frouseira
que por treiçón foi vendida
derribada na ribeira,
ca xamais se veu vencida.

Por treiçón tamén vendido
Xesús noso Redentor,
e por aquestes tredores
Pero Pardo, meu señor.


Anónimo (fins do século XV)


Fonte: Lingua Galega e Literatura Bacharelato 1, Anaya


Comentarios (0) - Categoría: 020. Séculos Escuros - Publicado o 04-07-2012 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Mataron tan presto o Mariscal
Mataron tan presto o Mariscal co seu fillo, sen justificaçón de causa nen saber por que, teméndose, como era tan podrouso e emparentado no reino e fóra del, que o viesen quitar por armas, particular Pero de Bolaño, señor da Casa de Torés, e Pero de Miranda, señor da Casa e fortaleza que chaman "o Renegado", que eran os TRES PEDROS, que eran seos primos, toudos tres Pedros que decían de Galicia; e nen sequera testamento lle deixaron facer e deo poder á súa moller o fecés por el; quedou viúda con soa unha filla, e foise ela a Valladolía, dou querella do juez que lle matara a seu marido e fillo sen causa nin escrito e lle quitara muitos bes, pide decrarare por que o fezo, e andando o preito sacou sentencia en que decrararan que morreu por cruel e poderoso, en virtud do cal ela pide sos bes; mandaron dar traslado ao fisco do rei que fizo canto poudo e non poudo probar nada.

Relazón da carta executoria, século XVI


Fonte: Lingua e Literatura 3 ESO, Santillana


Pero Pardo de Cela na Galipedia


Comentarios (0) - Categoría: 020. Séculos Escuros - Publicado o 04-07-2012 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Hino de Galiza por El Puto Coke


Esta é a versión rap que El Puto Coke realizou do himno galego e que é o último tema do seu LP Coke Céspedes

Esta canción conta cun sample do grupo Ialma (fillas de emigrantes galegos en Bélxica), con guitarras de Isaac Garabatos, Wöyza nos coros, Dj Fabián nos scratches e Anxo Lorenzo á frauta e á gaita. Ademais, no comezo do tema colabora o grupo afrocubano Cabildo Componedor ás voces e á percusión.

Coke Céspedes foi gravado en Cuba e foi precisamente na Habana, a súa capital, onde se estreou o himno galego en 1907.


Outras versións musicadas en SON DE POETAS

Vía: Marlou


Comentarios (0) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 22-06-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
A volta ás Letras en cincuenta días


Co gallo do 50 aniversario do Día das Letras Galegas, o Faro de Vigo publicou un caderno que fai un percorrido polas figuras homenaxeadas ao longo destes cincuenta anos a través dunha serie de 50 carteis.

Os carteis foron realizados por cadanseu deseñador, e van acompañados dun breve texto dun escritor galego actual.

Se pinchades aquí, podedes descargalo ao completo. [Ademais, dende a web da Real Academia Galega, podedes descargalos individualmente]


Fonte: Xavedes!


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 22-06-2012 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ten a serena o canto
Ten a serena o canto
i a serpe o alento;
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
Ti tes de abondo
co que tes escondido
neses teus ollos.

O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a groria do poeta,
o ouro do mundo:
Dera eso todo
por sólo unha mirada
deses teus ollos.

Buscan os pitorreises
pra faguer niño,
a herba santa que nace
veira dos ríos.
Eu busco sólo
unha mirada meiga
deses teus ollos.

Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.

Curros Enríquez, Manuel (1992). Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia

"Os teus ollos" é o título da versión que José Castro González, coñecido como Chané, fixo deste poema de Curros.

Versión de Uxía Senlle

Versión de Rosa Cedrón e Cristina Pato

Versión de María do Ceo en SON DE POETAS
Comentarios (0) - Categoría: 032. M. Curros Enríquez - Publicado o 22-06-2012 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal