Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Futuro imperfecto
Mergullo agora nunha zona abisal do pasado, habitada por lembranzas difusas, inconexas. Debo mergullar fondo, coller aire e prepararme para abrir os caixóns que conteñen esa parte da miña vida, tan curta, escasamente tres anos de dependencia, mais que a marcou definitivamente. Mergullo con certo desacougo porque o meu cerebro borrou moitos episodios daqueles anos, por algún mecanismo de protección ou de vergonza, non sei. É unha especie de amnesia selectiva que comprobei unha vez liberada da adicción, ao atoparme de novo con amigos ou compañeiros de traballo que me falaban de situacións que eu sinxelamente non recordaba. Ao principio sentíame moi incómoda, moi insegura, ao comprobar a fraxilidade da miña memoria, pero paseniño fun enchéndoa de presente e deixando o pasado e as súas lagoas atrás, nesas gabetas que agora me dispoño a revisar. Foi un tempo cheo de ímpeto e enerxía, de moitos descubrimentos, de erros, algún irreparable. Un tempo do que non renego a pesar da altísima factura que nos pasou e que só pode ter sentido, se baleirando eses espazos da memoria, son quen de explicar como entrei no túnel, por que me seduciu ata case a anulación, como cheguei ao fondo, como conseguín saír del sabendo conscientemente que ese non era o meu sitio, como foi ese complexo proceso no que interviñeron xentes e axentes que permitiron algo máis ca a miña rehabilitación persoal. Quizais se desenmaraño o nobelo da memoria, poida explicarme e explicar aos que veñen detrás o que é, o que hai, a cara e a cruz desa moeda brillante pero sen valor que é a droga, tal como a consumimos na nosa CULTURA DESENVOLVIDA do PRIMEIRO MUNDO do mundo.


ALONSO, Xulia, 2010, Futuro imperfecto, Vigo: Galaxia


ARTIGO RELACIONADO:

O debut de Xulia Alonso


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 02-08-2011 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0