Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Lipdub do IES Fontem Albei da Fonsagrada


"Dende o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo-Galiza) plantexamos este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios, aproveitando as potencialidades das TIC, para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas:

0 Xeneralidades. Dicionarios. Enciclopedias. (Cor Marrón)
1 Filosofía. Psicoloxía. Ética. (Cor Azul claro)
2 Relixión (Vermello)
3 Ciencias Sociais (Laranxa)
4 Baleiro (Negro)
5 Matemáticas. Ciencias Naturais (Verde)
6 Ciencias Aplicadas. Medicina. Tecnoloxía (Cor azul oscuro)
7 Arte. Música. Deportes. Espectáculos (Cor rosa)
8 Lingüística. Literatura (Cor Amarelo)
9 Xeografía. Biografías. Historia (Cor branco)

Por outra banda esta actividade serviunos para fomentar a implicación de toda a comunidade educativa nun mesmo proxecto así como para crear un ambiente de distensión e participación, en definitiva: bo rollo."


Fonte: Canle de Biblifonsa


Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 27-03-2011 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal