Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Longa noite de pedra |
|
No medio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.
Carlos Drummond de Andrade
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, 1962
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
os corazons dos homes cada #blgtk08#vez son mais de pedra...... |
|
|
Comentario por (02-02-2011 17:13) |
|
|
2 |
quizais non tanto co#blgtk08#mo as veces pensamos |
|
|
Comentario por bolboreta (27-04-2011 00:30) |
|
|
3 |
Pode ser decisivo o cristal co que ollamos, pero tamén#blgtk08# é verdade que "cada un fala da feira según lle vai". |
|
|
Comentario por profe (27-04-2011 17:47) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|