Manuel Seixas, A velocidade do frío, Xerais, 1996
"En
A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos." (
Xerais)
Manuel Seixas publicou tamén un
CD co mesmo título elaborado a partir de textos da novela, acompañado dun grupo de amigos músicos, actores e xornalistas, no que plasmou unha outra visión da súa novela.
Web do autor