Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Quero ir a Lugo
Dixo Xosé Terra, meu irmán na saudade,
poeta e timoneiro de névoas:
"Dempois de dempois de mañá
irei co meu amigo a Glasgow"...
En Glasgow, digo eu, o vento seica é verde
e dorme pousado nun berce de gueivotas.
En Glasgow os homes son moi estranos
e seica viven fóra da lei da gravedade.

Pero eu non quero ir a Glasgow
dempois nin nunca, amigo Xosé Terra,
pois hai moito que ver na miña terra.
Quero ir a Lugo,
a perderme nas rúas da iauga,
nas canellas do solpor,
nas prazas dos meniños loiros
cantando coas campanas
e coas postreiras luces das fenestras.
Percorrer a coutada
de outos muros de soños
que cinguen o van antergo da cidade.
Ceo de doce lume de apóutega
sobre os tellados de aceiro
frolecidos de fentos no amencer
co río pai á veira trouqueleando
a cachón, en busca dos navíos.
Quero ir a Lugo
a traspor as portas insomnes,
unha a unha
baixo os cataventos que espreitan a lúa
e saben dos bosques sacros de outros tempos
e dos humildes segredos das violedas.
Falar das nosas cousas:
Do país de ningures,
das illas que non hai,
do arbre das escumas,
dos biosbardos, da ave fénix
e dos peixes que choran.
E tamén, lentamente,
con voz do noso tempo
falar da dor dos homes que nos miran,
dos latexos de chumbo nos ouvidos,
da mau atada á roda dos motores
decindo adiós ao fumo
que rube dos tellados tristemente.


Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, 1962
Comentarios (0) - Categoría: 053. Celso Emilio Ferreiro - Publicado o 01-02-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0