Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Castelao e Rosalía en mans da Igrexa


O Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos de Rosalía, Castelao, Brañas ou Cabanillas, pasou a ser propiedade da Igrexa Católica este verán e puidemos ver con estupor como foi pechado ao público.

San Domingos de Bonaval fora un ben expropiado á igrexa xa durante as desamortizacións liberais do século XIX, pero este verán, por unha decisión xudicial, pasou de novo a ser propiedade da Igrexa Católica.

A primeira medida adoptada pola nova propietaria do monumento foi pechalo ao público e, ante a falta de acordo entre a Igrexa e a Xunta, chegouse a unha situación verdadeiramente esperpéntica na que os nosos máis ilustres galegos quedaron literalmente secuestrados entre as catro paredes do Panteón.

Tras as forte protestas que se sucederon no mes de xullo e que culminaron cun Acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, reabríronse as negociacións entre a Consellaría de Cultura e o Arcebispado de Santiago, de xeito que as portas foron reabertas ao público.

Na actualidade pode ser visitado durante seis días á semana. Que pasará no futuro?

Que pensaría Rosalía de Castro de todo isto? A mesma que non recibiu a oración no acto fúnebre, por expresa prohibición do Arcebispo de Santiago, Miguel Payá y Rico, cando foron trasladados os seus restos desde o cemiterio de Adina ao Panteón dos Galegos Ilustres en 1891?


Fontes:

"Castelao e Rosalía son hoxe prisioneiros no Panteón de Galegos Ilustres" Vieiros (28/06/2010)

"O Panteón de Galegos Ilustres reabre este mércores"
A Nosa Terra ( 12/07/2010)


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 01-12-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal