Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Sete palabras
"Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida.

O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con tenrura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que Suso de Toro, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece badaladas, traza unha nova fronteira literaria."

Estas son as palabras escollidas para presentar a obra de Suso de Toro Sete palabras (Xerais, 2009) na web ConoceralAutor.com, onde tamén atopamos o vídeo coas declaracións de Suso de Toro sobre Sete palabras.


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 01-05-2010 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0