Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Lugo. Lorenzo Varela
Gravado de Luís Seoane

Na fonte de ferro,
no coiro dos bois,
no espello do vento,
da navalla e da frol.
No recén da herba,
no lobo e no can,
nos ollos da meiga,
na pedra do lar.
No refaixo dela,
na ponte do alén,
no andar das ovellas,
no ar do mencer.
No cabalo quente,
no viño millor,
no que non se perde
no meu corazón.
Na noite senlleira,
no liño tecido,
na madeira tenra
dos vellos castiros.

Na vida, na morte, no amor e no ren,
loubareite, Lugo de aceiro e de mel.



Lorenzo Varela, Lonxe, 1954
(Libro ilustrado con gravados de Seoane)


Comentarios (0) - Categoría: 051. Xeración do 36 no exilio - Publicado o 08-02-2010 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal