Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados. Lorenzo Varela
Gravado de Luís Seoane

¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos subir pola sangue o misterio.
O noso corpo era o camiño da maxia,
a escada pola que viña a lúa,
o zume de tódolos segredos,
a canzón da herba que resucitou.
E o mismo verme era unha folla leda.
un mensaxeiro do sagrado alén.

Morréchedes, matáronvos, deixáronme.
Quedei eiquí, lonxe das vosas sombras.
E gardo, coma un morto.
no centro do silenzo, da sede, da agonía,
o día que vos poda levar á sepultura
unha cesta de pombas e mazás.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!



Lorenzo Varela, Lonxe, 1954
(Libro ilustrado con gravados de Seoane)

Comentarios (0) - Categoría: 051. Xeración do 36 no exilio - Publicado o 08-02-2010 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0