Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A Rui Xordo. Lorenzo Varela
Roi Xordo. Gravado de Luís Seoane

Aramos sobre os mortos nesta terra
i o noso pan ten un sabor de ósos
familiares, irmáns. O monte berra
baixo do arado, e chámannos os nosos,

desde a morte con voces conocidas:
«Nin marqueses, nin cregos, nin doutores
fixeron as ribeiras verdecidas,
nin o guerreiro coiro dos tambores.

Os condados do polvo son dos mortos
e quen queira ser dono desta terra
que veña navegando aos nosos portos.

Os que pidan o fruto sin labores,
si non morren de seu, morran de guerra,
e desta terra, así, serán señores».



Lorenzo Varela, Catro poemas pra catro grabados, 1944
Gravados en madeira de LUÍS SEOANE.


Comentarios (1) - Categoría: 051. Xeración do 36 no exilio - Publicado o 08-02-2010 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O poema máis fermoso sobre a inxustiza social en feitío labrego e irmandiño!Malia#blgtk08# que hoxendía teñamos que laiarnos das mesmas inxustizas e criar outro Roi Xordo.
Comentario por Iolanda (04-08-2011 15:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal