Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

María Pita. Lorenzo Varela
María Pita. Gravado de Luís Seoane

I

María das batallas,
levareiche unha frol por cada bala;
i unha cunca de leite
arrebuxada en neve
pra che curar a sede.
¡Sede mortal, varona, a desta patria:
queima no peito con ardente brasa!

II

María das batallas,
dareiche un reiseñor por cada bala,
i unha estreliña nova
no berce d'unha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.

III

Muller da soberana libertade,
os artilleiros danche alferezía
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
de monte a monte e mais de ría a ría:
O bronce meu, teu bronce foi María.



Lorenzo Varela, Catro poemas pra catro grabados, 1944
Gravados en madeira de LUÍS SEOANE.


Comentarios (0) - Categoría: 051. Xeración do 36 no exilio - Publicado o 08-02-2010 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal