Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Basalo Gómez, emigrante, vive nun cano. Luís Seoane

O home vive nun cano.
Ten 64 anos e vive nun cano.
Xosé Manoel Basalo Gómez
o home que vive nun cano
que ten de medida dous metros e meio de longo
por un metro quince de diámetro.
Un cano de cemento.
Basalo Gómez escolleu ese cano
na praza Libertade
no centro da cidade.
AIí vive. Trouxeron a noticia os xornaes,
e a fotografía. Ten unha faciana grega,
mais é de Ourense,
de Seoane da Cima, dí él.
Vive nun cano
igoal que Dióxenes vivía nun tonel.
Foi tipógrafo. Ten 64 anos.
É un home moi limpo, ergueito,
grande calveza na testa, coidadas barbas canas.
Semella rexo mais nono é.
Padece ataques de amnesia. de reuma, etc.;
veu a Buenos Aires a acompanar
unha irmá abandoada.
En 1928 .
Quedóuse aquí. Fíxose tipógrafo.
De vello, xa enfermo, foi sereno.
Ten en trámite unha xubilación.
Tamén espera que o repatríen:
-É o menos que poden facer por un emigrante.-
Non quere depender de ninguén
ten sobriños. béns en Ourense,
ten de ir a facer as partixas,
mais mentras tanto vive soio,
nun cano.
Durme enriba de cartós e panos
no interior do cano.
Cubríu de madeira e sarapilleiras
as entradas do cano.
De día cando fai sol
séntase nun tallo xunto o cano
ate que os obreiros de Obras Púbricas
lle asaquen o cano.
Ergueito, as mans sobor os xionllos,
mantén a ollada lonxe, os ollos fixos.
Ten de ser así.
Non quere vivir con ninguén,
somentes soio, teimado, no cano.

Esta noticia é do 26 de setembro de 1972:
«O home que vive nun cano».




Luís Seoane, A maior abondamento, 1972


(A manifestación da obxectividade vén dada pola estrutura interna dos poemas, que responden ás seis cuestións WH da normativa da noticia)


Comentarios (0) - Categoría: 051. Xeración do 36 no exilio - Publicado o 08-02-2010 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal