Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A ponte de Brooklyn. Luís Seoane
Imaxe da construción da Ponte de Brooklyn en 1881
Derradeiro terzo do século XIX

Necesitábanse pra traballar homes rexos
na ponte de Brooklyn. Con unha soldada
de sete dólares por dúas horas de carrexos
de entullos. Soio dúas horas cada xornada
no interior dunha campá de ferro, asentada
no fundo lamento do río, con ar comprimido
arredando entrase a iauga na cavada.
A ponte facía Brooklyn a Manhattan cinguido.

Pasábamos pola cámara de comprensión
denantes de entrar na campá de ferro, vaseira
onde despechaban as chaves do ar. Centilación
que facía doer os ouvidos naquela rateira,
que tapábamos pra que non estoupasen coa estraleira,
coma a moitos aconteceulles e coa presión do ar.
A campá era enorme, nescesaria coma buqueira
pra poder os cimentos do ponte de Brooklyn escavar.

Traballábamos silenzosos, espidos deica os cos
coas pas, as eixadas e coas picarañas, amuados,
gotexando suor, escorrendo na lama, nos terrós,
caíndonos na iauga xiada do río, enlameirados.
A door facíanos estoura-las testas, mais esmacelados
axuntábamos moreas de terra, de area, de pedras.
Folgábamos cada dez minutos, e voltábamos ousados
ao traballo pra ponte de Brooklyn, sen arredras.

Podíamos ficar pra sempre tolleitos e tamén morrer
coma aconteceulle no noso equipo ao compañeiro
escocés Kirkland sin que o poidésemos acorrer.
Foi cando saíu depresa ó deixar a campá dianteiro.
Caíu logo no chan. Estoreceuse nun marterio,
engruñouse, rebulindo corpo, pernas e brazos,
alagándose en escumas e sangue. O extranxeiro
deixou na ponte de Brooklyn os derradeiros azos.

Resistín ese traballo vinte xornadas,
dúas horas cada día na campá encerrado.
Perdín o ouvido nos vinte días. Aosadas
ganei cento-corenta-dólares. Deixeino traballado
pola febre, polas doores, xordo, escuallado.
Alguén dixo: ¡Ouh, cantos rexos emigrantes sofridos
fican pra sempre baixo as correntes deste río marelado,
pola grande ponte de Brooklyn, orgulo dos Estadoss Unidos!
Esta ponte de aceiro enlevado sobor de Nova York,
ten millas de roscas, de parafusos, de aceiros.

Érguese sobor do xiado East River esta maior
ponte, din, do mundo, construído por extranxeiros
emigrantes de Europa. Algús galegos senlleiros
traballamos nel. Un traballo, decían, ben pagado.
Cento-corenta-dólares. Por uns días fumos buceiros
pra ponte de Brooklyn feito sobor do río abafado.

Un traballo que ninguén resistía un mes,
moi ben pagado, disque, sete dólares a cotío,
unha grande soldada, sete dólares por ves,
se acadábamos esquiva-la convulsión, o arrepío
producido pola falta de ar, polo noxío
que podía facernos inúteles pra toda a vida.
¡Era un grande traballo o traballo doentío
da ponte de Brooklyn, baixo a campá descida!



LUÍS SEOANE, Fardel de eisilado, 1952


Comentarios (1) - Categoría: 051. Xeración do 36 no exilio - Publicado o 08-02-2010 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 es mas mon#blgtk08#o en poema
Comentario por (12-01-2011 10:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal